Ritos e Medicina Popular
Ritos e Costumes
Ritos e costumes. Ritos e costumes na espiritualidade mariñeira O apartado referente á cultura espiritual das xentes do maré un dos menos estudados no noso corpus folclórico e por iso son moi escasos os datos sobre este tema, ao contrario do que acontece coa cultura agraria que goza dunha ampla recolleita. Porén, si que contamos cun amplo catálogo de ditos, proverbiose refráns, moitos deles perviventes e coñecidos en canto se refiren ao estado do tempo e do mar. Contodo, semella que algúns dos máis populares como é o en trece e martes, nin cases nin embarques precisamente non tén orixe mariñeira pois ao dicir das xentes ribeiráns, as desgrazas non escollen día xa que o maré demasiado traidor para andar con supersticións. Mais destas, habelas, hóuboas, e aínda que hoxe están superadas, daquela andaba estendida a crenza de que se se asubiaba a bordo, podían atraerse os ventos e tempestades igual que acontecería se unha muller estaba embarcada. As féminas, antano, non eran pasaxeiras moi desexadas igual que os defuntos que, estando en alta mar, deseguida se guindaban ao mar por razóns sanitarias obvias, ao non haber aínda cámaras frigoríficas. Por outra parte, cabe apuntar que máis dunha vez, algún falecido en Vigo foi traído para Cangas pola ria na escurada e a golpe de remo para evitar a férrea burocracia e control da época franquista que obrigaba a farragosos trámites e dificultades para poder enterrar o corpo naquel lado da ría.
A agrupación gremial dos mariñeiros está moi relacionada en Galicia cos dominios eclesiásticos da costa constituíndo confradas baixo advocacións relixiosas que aportaban unha parte dos seus gaños para a igrexa e participaban nos actos relixiosos. A pugna polo control das rias entre estas, deu lugar ao ditado de ordenanzas de pesca que, contodo, non evitaban as continuas trifulcas polas postas, vedacións ou o uso das artes. Por veces, como aconteceu en 1501, chegarían ao enfrontamento directo e virulento, utilizando paus e lanzando pedradas, cortando as redes e facendo gala dos insultos máis soeces e rebuscados, destacando entre estes por usúal, a mostra do traseiro remangando as súas faldas (sic) os mariñeiros. A agudización dos conflitos conducía por veces ao uso de espadas, lanzas, fouces, alabardas, béstas e incluso arcabuces. Destes enfrontamentos seculares proveñen algúns dos alcumes colectivos de orixe difícil de enxergar hoxe, dos que permanecen aínda na memoria os "Ghalos" de Ons, os "Caba os de Bueu, os "Carolos" de Portonovo e os "Caghas na cubeta" de Marin que por certo nunca aparecen enfrentados cos outros. Tempo atrás, atopamos unhas fontes referenciais ao século XIX en Vigo nas que se recollía que no Berbes os mariñeiros de Cangas eran coñecidos como "Os Rulos", alcume que aparece referenciado na copla:
Nosa Señora da Guía déanos o vento en popa somos os Rulos de Cangas traguemos a vela rota. Unha bendición do mar. Corría o ano 1757 e a falta de pesca na ria de Vigo estaba alcanzando xa uns tintes alarmantes polo que os pescadores de Cangas acordaron recorrer ao arcebispo de Santiago don Bartolomé Rajoy Losada para que fixese algún tipo de rogativa ou imprecación que remediase a situación. Polo que sabemos, non foi fácil convence lo pero finalmente aceptaría achegarse a Can gas para bendicir a ria, pedindo non só abundancia de pesca senón tamén de froitos da terra. Unha vez aquí, iniciaría un ritual consistente en bendicir tres veces o mar sendo que despois da primeira bendición, procedeu a introducir e sacar varias veces da auga un rosario do que pendía un "lignum crucis" ou anaco da cruz de Cristo. Descoñecemos os resultados desta cerimonia pero a recorrencia a rituais sincréticos, mestura de relixión e superstición, eran adoitos nestes tempos en que se descoñecían as verdadeiras causas da falta de pesca. A Bendición de barcos e aparellos. Este costume de bendicir anualmente embarcacións e aparellos tiña moito arraigo nos portos galegos e así, cando se iniciaba a costeira, o primeiro día no que ían comezar as faenas, os mariñeiros requerían a presenza do párroco para que fixese descender a bendición do Pai que todo o pode, do Fillo que todo o perdoa e do Espírito Santo que todo o inspira, sobre as artes, embarcacións e accesorios. Era este, sen dúbida, un espectáculo curioso e devoto: amarradas as embarcacións, as xentes de mar enchían o porto, e revestido de alba e estola chegaba o ministro do Señor acompañado do sancristán e entraba nunha embarcación. A tripulación formaba sobre cuberta e o cura dicía as preces de ritual e facía asperxementos con auga bendita, pregándolle ao Altísimo que protexese aquela xente que loiraba polo panem nostrum quotidianum... Así, ía percorrendo todas as embarcacións, e tan arraigado estaba o costume de bendicilas que ningún se atrevería a saír ao mar sen que antes a Igrexa santificase as artes. As botaduras. Na antigüidade e aínda hoxe nalgures, antes de asentar na quilla o pau maior dos barcos, adoitábase colocar na base unhas moedas que se supuñan era o pagamento obrigado para os deuses e forzas misteriosas que residían nos mares pero actualmente o que nos vén máis á mente é a difundida cerimonia da botadura dun barco, rachando na súa proa unha botella de champán ou de viño do país. De todos é sabido que de non rachar esta co impacto, o mal agoiro pairará sobre o barco e a súa función. Contodo, este é un costume mediterráneo importado, proviñente da cultura greco-romana na que ofrecían ánforas con viño tinto aos deuses e que substituían o costume de verter o sangue de persoas (nenos, escravos, cautivos...) como ofrenda aos deuses do mar (Poseidón, Eolo...) e á divinidade que protexía a nave, normalmente representada na proa. No século XIX impúxose o costume de que fose unha madriña quen realizase a cerimonia e que na España máis católica tamén se facía acompañar polo cura de tumo, introducíndose unha especie de "bautizo" de obxectos que se estendeu tamén a outros campos (animais, campás...). Galicia asumiría en moitas ocasións (grandes estaleiros) este ritual importado, mais como imos ver, as formas de impetrar a protección e boa fortuna dos nosos barcos tradicionais, aparellos e pesca, era moi diferente: Na maioría dos asteleiros de ribeira, igual ca se facía en terra con calquera obra de construción, cando os carpinteiros reparaban ou remataban un barco, poñían un ramo nel. Había a quen lle chegaba cun ramallo de xesta pero o máis adoito era que fose de loureiro debido aos seus efectos protectores contra todo mal, tal e como facían os emperadores romanos colocándoo sobre a súa cabeza a modo de coroa ou mesmo nos furanchos para que non se estrague o viño. Nos anos do franquismo, a maioría dos estaleiros adoitaban cumprir co ritual establecido poñendo na proa ou na popa a bandeira española, estando establecido que fose o cura da parroquia quen efectuase a cerimonia de bendición e que o armador e o construtor a celebrasen cun xantar denominado nalgunhas zonas como "o remate" no que abundaba o marisco. Costumes precautorios. Máis relacionados coas crenzas sincréticas e supersticiosas atopamos referencias a diversos rituais nas nosas rias dos que apenas xa queda memoria. Entre algúns deles podemos referir entre os mariñeiros das Rias Baixas o costume de botar desde as súas dornas pan branco ao mar para que o vento acougase e pan de broa para que o vento viñese. Noutros casos, para calmar o mar adoitaban botar o saín ou graxa da sardiña aínda que dicían que tamén o fígado de badexo daba moi bo resultado. Para impetrar o bo tempo e o éxito pesca, tamén se usaban os ramallos de loureiro ou de xesta marela colocados na proa aínda que outros dicían que daba mellor resultado o derramar unhas xerras de viño por enriba das táboas da cuberta. Para procurar a seguranza e volta do mar, era mal presaxio escoitar o tanxido dos sinos dunha igrexa ou capela cando se zarpaba e nalgúns portos que contaban con capelas de santos ou santas milagreiros, os mariñeiros adoitaban levar pendurado do pescozo unha especie de escapulario con anacos de areas que extraían das laxes do entorno sagrado. E nesta lóxica preocupación mariñeira polo estado do tempo, a parte de pola pesca, xa dixemos que xogaban un papel fundamental a paremioloxía, o refraneiro e tamén o saber vaticinalo con só erguer un dedo mollado con cuspe. Ademáis disto, existen outras diversas premonicións e métodos rituais curiosos como o que practican nalgúns lugares das rías, establecendo que cando sangran os percebes é sinal de que vai cambiar o tempo. Porén, os antigos pescadores de Ons (Os Ghalos) con fama de bos mariñeiros, adoitaban adiviñar o mal tempo cando as gavotas andaban a cantar por enriba das pedras ou porque os rañacús (estrelamares) saían a tomar o sol. Noutras partes era síntoma de mal tempo que os merlos andasen a cantar nas silveiras e debo tempo se o facían enriba dos penedos. Máis sofisticado nisto das artes premonitorias do tempo é o de prestarlle atención ao solpor e fixarse se o Sol presenta ao seu carón un apenas perceptible e pequeno brillo, que lle din becho e que predice a chegada de vendavais. Porén, se o Sol presenta no seu acaso algun raio de cor verdosa, o ditame premonitorio é que vai vir tempo apracible.. Neste sentido da observación dos astros polos nosos pescadores e mariñeiros, cabe relatar a desconcertan te experiencia que vi viron os de Marín a finais de xaneiro do ano 1885, cando viron como unhas estrelas se xuntaban e caían no mar a grande velocidade. Daquela, fracasarían todas as sabenzas e artes premonitorias, que foron substituídas por un alporizamento xeralizado. Co medo no corpo, retornaron rapidamente ao porto e no día seguinte os mariñeiros celebraron unha misa cantada por non terlles pasado nada. Ao final, os científicos daquela época concluían que eran aerólitos, pero os mariñeiros que os viran, seguían na teima de que foran un sinal do fin do mundo que desde aquela aínda non chegou, pero todo se andará...
Outros costumes. Sábese que en moitos portos e praias e mesmo constatado ata hai uns anos na illa de Ons, cando hai moitos que cobran moita pesca e outros non pillan nin chica, estes xulgan que teñen as súas dornas enmeigadas. Entón saen de noite á praia a varexalas cunha xesta ata que cansan... Queda memoria de que ata os anos vinte do pasado século era adoito que os mariñeiros recorresen a antigos rituais profilácticos e de expulsión de males das embarcacións cando a pesca non era propicia. Un dos máis empregados, como dixemos, era varexar os costados do barco cunha xesta, aínda que tamén valía unha silveira (zarza macho?) e incluso asperxendo auga bendita. Pero máis efectivo era a recorrencia a unha meiga pois esta coñecía os ensalmos para tirar o meigallo e nestes labores, que había que facelos ás doce da noite, eran moi reclamados nestas datas os servizos de "A Carabineira" de Cangas que acudía a calquera porto ou varadoiro. E senón funcionaba este sistema, sempre quedaba o de meter a bordo unha restra de allos co fin de quitar o meigallo. Tamén se conta que os mariñeiros das rias Baixas adoitaban andar polas aldeas veciñas a roubaren (non tiña efecto se non era así) varas do gando ou aguilladas e con elas varexaban o barco. Se isto non daba resultado collían un obxecto do barco, normalmente unha pana de rede, e levábanlla a un menciñeiro para que este fixese sobre ela os seus esconxuros. E falando de esconxuros, os que pronunciaban en tomo ao San Xoan os mariñeiros de Cangas cando as redes se lles enganchaban nos fondos de Barra, asunto que lle atribuían á cruz do campanario da igrexa da Coruxana, que como dixemos, foi asolagada como castigo ao seu depravado e inmoral comportamento. APeñora Esta palabra provén do latín pignorare e deu orixe ao significado máis moderno de empeñar pero na Idade Media entendíase como unha pena ou multa que o estamento eclesiástico, moi abondoso en Cangas pola colexiata, lles impuña aos mariñeiros que eran collidos traballando en festivo, tendo que do-nar un terzo do capturado á súa parroquia. Antigamente, tamén adoitaban deixar os tripulantes unha parte para os santos da súa especial devoción, mais iste costume caeu en desuso, sen dúbida polo descreimento, pola desafección á Igrexa e pola divulgación e propaganda de ideas socialistas e diso/ventes, segundo se dá conta nalgúns tratados lexislativos.
E xa que falamos de dereito consuetudinario, sería esta unha boa ocasión para explicarlles aos profanos terrestres outros usos e costumes propios dos mariñeiros como a parcería, a caiaxe, o quiñón... pero xa se nos escapa do tema que vimos tratando. Desencontros coa relixión. Non sabemos se polo dito anteriormente, descreimento, desafección ou propaganda, en determinadas épocas e nalgúns colectivos do mar, a relación cos representantes eclesiásticos non gozaría de gran entendemento e simpatía. Malia as fortes relacións que durante séculos mantiveron os gremios e confrarías do mar, contribuíndo co seu esforzo á construción e mantemento das igrexas (Pontevedra, Cangas...), sempre estaría presente entre as xentes mariñeiras o mal agoiro que supuña mencionar a bordo dos barcos o nome do cura ou do raposo, sen alcanzarmos a relación que ambos podían ter. Esta superstición, escasamente vixente hoxe polo que xa relatamos anteriormente, tería nestas datas unha forte presenza entre as xentes do mar, segundo contrastadas referencias orais e a mención dos curas a bordo podería supoñer un capote ou lance fallido, ficaren sen pesca ou sofriren un accidente. Para esconxurar este perigo era preciso que alguén tocase ferro inmediatamente, a ser posible co rizón na proa. Cando era imprescindible a alusión aos curas, esta facíase baixo a forma de "Xa che digo" ou "Xa me entendes". Tamén consta que ningún armador ou patrón permitía que un cura subise a bordo nin para ir de paseo, pois a súa presenza era considerada moi nefasta para a tripulación. Polo mesmo motivo, non se bendicían nin barcos, nin redes, aínda que fosen de estrea e quizais por isto fosen tan escasas as procesións mantimas pois existían moitas reticencias incluso no día do Carme, pese a contar coa protección desta Virxe. Contra todo isto, opúñase en terra un anseio de participar nas procesións e actos relixiosos relacionados coa súa confraría, coas festas locais ou coa Semana Santa, para a cal era preciso o concurso dos homes do mar para cargaren coas pesadas andas das numerosas imaxes, onde todo o incerto das singraduras, as numerosas vítimas dos naufraxios e a omnipresenza da morte, sincretizábanse a cotío nos sentimentos de fe e nas crenzas dos homes do mar.
O Enxempramento ou bautizo antecipado. Este antigo costume viña praticándose en moitas partes de Galiza por mor de seren moitos os nenos que morrían no ventre da nai antes de seren bautizados e pola propia necesidade dunha sociedade campesiña e mariñeira que precisaba de brazos novos para as tarefas do mar, do campo e da casa. A palabra enxemprar significa botarlle auga de socorro aos recén nados a piques de morrer mais neste caso faise antecipadamente como ritual precautorio. O lugar axeitado varía segundo as posibilidades pois vai desde o paso da preñada por baixo do palio cando sae o Santísimo en procesión, o achegamento a unha fonte de augas puras e cristaíñas ou a colocación da mesma nunha noite de sábado, no centro dunha ponte pola que discorra un río e teña perto un cruceiro, agardando que dean as doce da noite. Esta última ubicación semella ser a mais escollida pois existen numerosas referencias en Galicia e no Norte de Portugal. A ponte do Burgo, a de Noalla, a da Barca, a da Ramallosa, a da Pontesampaio, a das Porte las, a de Loira... e un senfín delas acolleron ata hai pouco este ritual de medianoite. A muller embarazada, acompañada de persoas da súa confianza, homes e mulleres, portan unha cesta con viandas e viño bo. Asemade, levan unha cuncha de vieira ou un púcaro de barro virxe para coller auga ou xa levan auga bendicida, un pouco de sal, un ramalliño de oliveira e un farol para se alumar na escuridade. Como se sabe, a oliveira é unha árbore que cristianiza ao loureiro... e o sal conxura ao demo, ademais de lembrar o bautismo cristiano como se recolle na fórmula: benedictio salis dandum cathecumenum. No medio da ponte agardan ata que A persoa que nese tempo queira pasar pola ponte actuará como padriño ou madriña segundo sexa home ou muller, debendo agardar a que soen as doce badaladas de medianoite. Un dos presentes na cerimonia actuará tamén de padriño ou madriña segundo fose o sexo do viandante. Co sal procede este a rociar os senos da grávida e co ramalliño de oliveira inmerso no púcaro coa auga do rio (ou a bendita) mollan o seu ventre núo mentres recitan primeiro o Credo e logo unhas palabras como: Eu te bautizo no nome de Deus, Pai, Fillo e Espíritu Santo para que veñas a este mundo san e salvo. As variantes sobre esta parte do ritual tamén son abondosas e descricións do mesmo aparecen recolleitas en versos de Rosalía de Castro ou de Andrés Muruais. Ao remate da cerimonia a muller muda de roupa e a seguir, debaixo da ponte ou nun lugar próximo, disfrutan das viandas e do viño antes de marcharen para a casa, guindando o sobrante deste banquete ao río. Este ritual tamén se practicou con certa profusión na ponte de Cangas onda o río e o cruceiro do Señal, segundo testemuños fiables dalgúns Gardas Civís, pois en distintas ocasións e por moita proximidade do cuartel da Benemérita foron os gardas quen actuaron de padriños nestes bautismos antecipados. Porén, cóntase que nunha ocasión montouse unha sonora e feroz trifulca entre os familiares da muller grávida e a parella de vixilancia que apareceu pola ponte naquel tempo de espera. Estaba claro que os presentes pola razón que fose (ou coidaron que lle ían prohibir o rito ou non querían un garda civil como padriño), tentaron desarmar á parella de gardas e guindala ao rio. Finalmente, un dos gardas convenceu aos presentes de que xa tiña participado alí noutros bautizos antecipados, aceptando amigablemente que o do benemérito corpo actuase, pois, como padriño da ceremonia. Choronas e pranxideiras. Desde vello e pola súa popularidade é de todos coñecido o dito "vai chorar a Cangas" cando se porfia moito para conseguir unha cousa ou se laia un pola perda de algo do que non coidou axeitadamente. Hai quen quere ver a orixe deste dito no doloroso pranto colectivo que as terras do Morrazo propagaron durante anos despois da terríble "razzia" de morte e lume que os turcos efectuaron no 1617. Porén, semella máis consecuente pensar neste dito como procedente dun dos ritos funerarios mais espallados por Galicia do que as derradeiras expresións públicas se mantiveron nesta zona ata tempos aínda non lonxanos, permitindo o seu rexistro oral e escrito. Tamén cabe dicir que en toda Europa só se conserva un ritual moi semellante na illa de Córsega, executado por mulleres enlutadas chamadas "vozinari" que emiten agónicos e continuados prantos, así como frases louvatorias co cadáver de corpo presente. Como choronas, choradeiras, plañideiras ou pranxideiras coñecíanse a aquelas mulleres que se adicaban a chorar nos actos fúnebres con bágoas espontáneas ou provocadas e con xestos chamativos, exclamacións de pena e sentimentos desbordados. Estes actos coñecidos tamén como prantos ou plantes provocaba por veces, curiosas competencias pois non todas exercían esta arte con igual mestría: Unhas mulleres choraban mellor que as outras e conmovían con máis facilidade aos asistentes e familiares. Entre as de maior fama estaban loxicamente as de Cangas pois non precisaban de elementos como cebolas, allos ou pementón para que a reprodución do pranto semellase auténtica. Ante isto, aparecía como costume que a persoa que ía finar deixase establecido de xeito verbal ou escrito non só cantas misas, velas e curas quería senón tamén cantas e cales pranxideiras debían acompañar os actos e á comitiva fúnebre. A veces constaba tamén na manda testamentaria o que debían dicir as pranxideiras e que tipo de actos debían executar durante o camiño ao camposanto. A tal extremo chegaron estas representacións que xa no 1380 o rei Juan I promoveu pragmáticase decretos para prohibir os excesos cometidos. Mais pouco deberon facer estes decretos reais pois no 1740 e 1742, os arcebispos de Santiago aínda andaban a dispór que as pranteiras ou pranteiros, que tamén os había, non actuasen nas igrexas. Se estes tentaban executar alí o pranto ou calquera acto como abrazar o cadaleito ou que se xadeantes e suorosas, simulaban querer irse co defunto ou defunta, que fosen expulsas de inmediato do recinto sacro. Durante outros anos posteriores os bispos seguirían a ditar medidas contra este costume sen que tivesen grande efecto na súa extinción. Ata os anos cincuenta aínda se constata a execución dos prantos en lugares recónditos da Galicia pero co ritual moi mermado pois xa só se practicaba no cemiterio no intre do enterramento e con profusión de choros e xestos. Xa nada ficaba daquelas expresións tan características dos vellos prantos como: Quen te leva...? Acórdate de nós! Vas tan guapiño... como o mellor mozo! Castelo forte! Quen te matou? Cómo se atreveu a morte contigo? Adeus meu capitán, adeus, que semellas unha rosiña cortada da roseira nunha mañá de orballo! Unha das últimas choronas en exercicio na zona de Cangas que alcanzaría certa sona foi Josefa Soto "A Pechencha" que percibía o clásico pago "en especie" polo seu labor. De comezos do século pasado aínda consta a manda (testamento) dun tal Roxelio que estando moi enfermo lle encargou á unha pranxideira que acudise con catro compañeiras a chorar desde a casa mortuaoria ata o cemiterio. As actuantes debían ir anunciando a berro pelado e durante todo o traxecto que o Roxelio fora un home moi traballador, honrado e moi bo esposo e que os ditos que falaban da súa relación con outra muller, que eran caloñas. Ao remate, a Filomena e as súas compañeiras foron cobrar os oitenta reais que acordaran de estipendio mais o familiar encargado de pagarlles negouse a facelo, alegando que non cumpriran co pactado. Certo foi que choraron e alabaron o defunto durante o traxecto estipulado pero esqueceron dicir que tiña sido un bo esposo que fora calumniado. En troques, a Filomena andou a dicir: Adeus Roxelino, dalle recordos ao meu tío Valentín e dille que vai casar a Rosa e que se coide moito, pois xa sabe que é moi dado aos catarros e tercianas. As pranxideiras cobraron ao fin o estipendio pois explicáronlle ao familiar que a súa misión era chorar e facer chorar a xente pero non facela rir. "Se nos atrevésemos a louvalo como marido -explicou a choradeiraiámonos rachar de risa todos e mesmo todo o acompañamento do enterro, incluídos os curas".
Medicina Popular Galega
Medicina popular. Menciñeiros, curandeiros, sanadores... Son diversos os nomes que estes practicantes da medicina popular, durante séculos paralela á oficial, reciben ao longo de Galicia pero en síntese pódense clasificar en dous sectores. Un, conformado por aqueles que no seu exercicio sanatorio inclúen determinados procedementos máxicos, usando textos e obxectos relixiosos e outro, os dos que usan coñecementos e aplicacións de remedias procedentes do coñecemento dunha ciencia popular e do seu emprego intuitivo na curación de males físicos. Da primeira clase, destacan na nosa zona os chamados Pastequeiros pois nos seus rituais empregaban, ademais de cruces e obxectos relixiosos, diversas letanías que adoitaban rematar co latino pax tecum (a paz sexa contigo) e de aí a súa denominación. Moi coñecidos en toda Galicia eran os pastequeiros de Santa Comba de Bértola ou San Cibrán de Tomeza adicados a tirar o meigallo mediante a invocación destes santos e o libro de San Cipriano para dicir as palabras axeitadas a cada mal, cousa esta que podía facer calquera veciño que tivese o libro. Tras do nome meigallo estaban numerosas doenzas, males de persoas (de ollo, de en vexa...) e animais e tamén sortes relativas a diversos actos negocias. Dise que adoitaban actuar no adro da igrexa pero tamén eran moi requeridos noutros lugares da contoma, aínda que para aplicar os remedios bastaba coa presenza de roupa ou calquera obxecto do doente ou enmeigado. A concorrencia dos pastequeiros en Santa Comba non proviña só da haxiografia católica que contaba, nunha das súas versións, corno foi condenada a morrer queimada na fogueira (corno as bruxas) pero que resistindo as chamas, tiveron que decapitala nun bosque próximo onde se formou un regato de auga co seu sangue. Consta, por outra banda, que a veneración desta santa en Galicia xa se remonta á Idade Media e unha lenda di que antes de converterse en virxe e mártir, xa exercera de bruxa e por iso foi queimada. Cóntase que un día, topou nun camiño de Galicia con Xesucristo e este díxolle que se seguía actuando do lado do Demo, nunca entraría no reino de Deus. Despois disto a súa vida mudou totalmente, converténdose ao cristianismo e despois, durante as persecucións do emperador Aureliano, foi martirizada ao negarse a renegar da súa fe e protexer a súa virxinidade, converténdose na patroa da meiguería galega, actuando tanto de intercesora nos seus rituais sanatorios como de talismán contra as bruxas. Ás recolleitas de V. Lis Quibén debémoslle o coñecemento destes curandeiros, saudadores ou sanadores, compoñedores ou arranxadores, meigos, meigas... aínda en activo na nosa zona arredor dos anos trinta do pasado século. Así, déixanos constancia dun veciño de Marín de Arriba, coñecido como Xoan (a) O Portugués, alcume que lle viña por ser oriundo do país veciño onde de os pastequeiros eran abondosos. Nestas datas, aos sesenta e cinco anos, foi un dos máis famosos e dise que a súa primeira profesión foi a de músico pero agora traballaba como canteiro, residindo no lugar de Roza, na parroquia antes mencionada. Cando vivía en Portugal tivo ocasión de coñecer a un individuo que se dedicaba a desconxurar persoas, lembrando que utilizaba unha estola, unha Cruz de Caravaca e que lía unhas oracións nun libro chamado O Ciprianillo, e trasladándose ao Brasil no ano 1911 ao entrar nunha libraria en Río de Xaneiro con obxecto de comprar papel e sobres para escribirlle á súa familia, viu anunciada a venda do referido libro, comprando un exemplar por pura curiosidade e por lembrar que como o utilizaba o seu conveciño quería saber o que lía nel. Xa en posesión do devandito libro e no seu retomo a Galixia, veu vivir a Marín de Arriba onde reside actualmente, casado cunha sobriña de Xosé Carracelas, que exercera o cargo de sancristán na parroquia de Marín de Arriba e despois na de Marín de Abaixo. Mais, resulta que o tal Carracelas dedicábase a practicar o Pasteco, e como era vello, "O Portugués" acompañábao nas súas excursións, pois ía a varias capelas e igrexas e a casas de enfermos, e viuno, ademais, actuar no seu domicilio, e todo iso fora exercendo influencia no seu ánimo e predispóndoo para actuar el tamén. Cando falece o Carracelas, "O Portugués" recollería a súa clientela e dedicaríase de cheo a practicar o Pasteco. E se toda esta clientela non lle chegase abondo para dedicarse abertamente a tal oficio, si había de selo o feito, de que en Rodeira había un bruxo chamado Perfecto, que era espiritista e andaba de noite na Compaña, e en Cangas había unha bruxa, cuxo nome di descoñecer, á que lle mandan nenos e persoas maiores que antes se consultaran con eles para que lles cortase o Aire de morto, os exconxure cos Evanxeos ou lles bendiza a casa onde viven, sendo estes os motivos de que teña moitos clientes e faga moitas saídas, traballando unicamente no seu domicilio e no dos clientes, sen ir a ningunha igrexa, nin capela, pois non llo permiten os curas das inmediacións. É curioso o feito de que "O Portugués" e o Xosé Carracelas negasen coñecer a estes dous, bruxo e bruxa cangueses e, porén, non había enfermo que pasase polas súas mans que antes non estivesen con algún dos outros. Dise que o Portugués trata aos seus clientes da mesma maneira, e o procedemento que emprega é o seguinte: Acende primeiramente unha vela; a continuación nunha lata, pon un pouco de incenso e sementes de esplego e noutra lata un pouco de auga bendita... Senta ao mesmo tempo que o fai o enfermo e pregúntalle a este o seu nome; quenta á calor da candea a punta dunha navalla e con esta colle un pouco de incenso e sementes de esplego, e mentres estes arden, di as seguintes palabras: Antes que este mal sexa visto, retírese o mal e viva Xesucristo. E esta última operación e estas últimas palabras repíteas tres veces. A continuación colga do pescozo do enfermo unha Cruz de Caravaca e coloca sobre o seu ombreiro dereito unha parte dunha estola e a outra sobre o mesmo ombreiro daquel, e no Ciprianillo le a primeira, segunda e terceira exconxuración e a continuación os Evanxeos, e sempre que aparece unha cruz no libro, molla en auga bendita unha cruz pequena de rosario que previamente ten na man e bendí con ela tres veces ao enfermo na cabeza e no peito. Na súa casa dedícase a cortar o Aire de morto e a desconxurar ás persoas polo procedemento que acabamos de describir, e cando vai bendicir casas que se supoñen enmeigadas, entón leva o cacharro coa auga bendita e a cruz pequena, e mollando esta na dita auga fai cruces no ar ao mesmo tempo que le a primeira, segunda e terceira exconxuracíón; isto faino na primeira habitación que atopa ao entrar cando ve que se trata de casa pobre, pero se se trata de casa rica entón faino en todas as habitacións. Ten gran fama no Concello de Marín e percibe honorarios bastante crecidos cando sae do seu domicilio, pero cando traballa neste, cóbraos máis reducidos, pois supón que xa tiveron que pagarlle aos chamados Bruxo e Bruxa de Cangas que llos envían. A Baralleira ou naipeira. En Cangas foi moi coñecida unha de nome Manuela, alcumada A Barajera, que atendía no barrio do Forte e segundo contan algunhas clientas e clientes, botaba as cartas e mirando como saían, dicíache se tiñas algún fillo maio como o podías curar, se che ía pasar algunha disgracia ou algo así polo estilo... Dunha visita á Barajera ficou o seguinte relato testemuñal: A miña nai contoume xa hai tempo que a miña curmá non paraba de chorar e parecía un micho miañando. Entón unha miña tía foi a xunto da Manuela, que daquela eran moi amigas, e comentoulle o problema que tiña a moza. A Barajera fixo logo os seus aqueles e ao pouco díxolle: Tes que coller un gato vivo, metelo dentro dun saco e entérralo así. Despois de catro días, sácalo de debaixo da terra e pólo enriba do tellado da casa durante sete días seguidos. O certo é que lle fixeron caso e seguiron o consello da Manuela. Dándose o caso de que a miña curmá foi curando a medida que o gato ía secando no tellado, onde estivo ata que apenas quedaba nada del. Non se sabe moito dos poderes da Manuela pero cabe que non utiliza nin o pan nin o viño e só lle saca proveito ás viandas e merendas que teñen por costume levarlle os doentes cando a visitan na procura de remedio para as súas doenzas e males. Ademais de Manuela A Barajera, foron outros moitos os curandeiros e compoñedores que alcanzaron sona nas diferentes parroquias polas súas facultades extraordinarias para remediar diferentes males e doenzas físicas: Entre outros máis, destacaron Juan do Sono de Pedralán; a Sra. Peregrina do Porto; Maximino Bijuelo nas Gruncheiras; O Catalán na Casa do Rio; o Sr. Perfeuto en Rodeira; Rafael "O Bachicha", Pepe "Chiviña" ou "O Portugués" en Darbo; "Marquitos", Pepa "A Pinta" ou Angelina Pazó en San Pedro; a señora Obdulia en Aldán, Emiliano en Vilariño; Juan Costas, Peregrina "A Potra", José "O Canastriños" en Coiro; Maruja "A Xouba" en Síngulis, Antonio "O Carniceiro"... e tantos outros que foron contribuíndo, día a día cos seus remedias a curar xentes e gando, e, ao mesmo tempo, orixinando relatos e fomentando extrañas historias na imaxinación das xentes. Remedios sanatorios usados en Cangas Para curar o Mal deAire, o Enganido e mesmo as hernias debía pasarse ao doente por un carballo fendido da man de dúas Marías. Contra a Decipela tamén chamada dicipla (erisipela) e que afecta só a unha parte localizada, adoitábanse bendicir unhas cruces facendo círculos sobre a parte enferma cunha especie de hisopo e preparados líquidos, dicindo ensalmos e mollando as plumas, ramas de loureiro..., en aceite ou graxa sen sal e mollando unha pluma de galiña que non estea choca, dicindo ao tempo as seguintes palabras:
-San Xacobo, San Xacobar, A onde vás? -Ao monte Calvar. -Qué vas buscar? -Follas de xar. -Para qué? -Para esta Decipela cortar. Co poder de Deus e da Virxe Maria, un Padre Nuestro e un Ave María. Este ritual debe facerse nove veces ao día, durante tres xornadas seguidas e se no hai reacción positiva ao tratamento, debe ampliarse aos nove días, sendo condición indispensable que, mientras dure o mesmo, non se puede beber viño. Porén, se a Decipela aparece máis xeralizada recibe o nome de Decipelón e o tratamento consiste en facer nove cruces cun rosario sobre a parte enferma, durante tres días, recitando ao mesmo tempo o seguinte ensalmo: Yo te corto, Deciplón maligno; que vaias pra baixo e non veñas pra arriba, un Padre Nuestro e unha Ave María. Que vaias pra baixo e non veñas pra arriba, en donde non oias cantar nin galo, nin gatiña. Pedro Paulo foi a Roma; con Xesucristo encontrou -Pedro Paulo, que hai pola tua terra? -Decipla e deciplón. -Pedro Paulo, recólleos todos para a túa casa. Co poder de Deus e da Virxe María, un Padre Nuestro e unha Ave María. Neste tratamento, o emprego do rosario que substitúe aos hisopos xeralmente utilizados, como fan noutras partes coa navalla ou o coitelo de aceiro, parecendo o ensalmo unha mestura doutros dous ou usándose a primeira parte para un fin determinado e a segunda para outro.
Para o tratamento da Úlcera bótanse nunha cunca branca tres carbóns da lareira, tres areas de sal e auga procedente dunha fonte infernal. Logo, cun ramallo de carrasco mollado nesta mestura, tócase o doente diferentes veces, comezando altemativamente polos pés e a cabeza e rematando sempre na boca, ao que se recitan as verbas seguintes: Estando Lázaro detrás de una peña, vino la Virgen María y le dijo: -Lázaro, qué haces ahí? -Estoy aquí con una Úlcera, Ulcerón, que me está comiendo. -Lázaro, vete a tu casa, coge tres carbones do lar, tres areas de sal, y auga de fonte infernal, dalle polos pés, dalle pola cabeza, para que este mal seque e non remaneza. Co poder de Dios e da Virgen María, un Padre Nuestro e unha Ave María. Así deben facelo tres días calquera e entanto dure o tratamento non poden comer cousa quente. Neste caso non se citan a San Pedro e a San Pablo pero si se menciona a Lázaro pola relación que existe entre a Úlcera e as chagas da Lepra da que é avogado por estar pragado delas cando morreu. Para curar as Abelidas ou Belidas, úlceras da córnea que producen como nubes, o procedemento consiste en botar nove grans de trigo nunha cunca con auga, facendo, unha vez ao día, nove cruces con cada gran sobre o ollo enfermo. Ao devolver os grans á auga vese como vai quedando na mesma a Abelida... Neste caso a oración recitada alude a Santa Lucía, avogada dos males da vista: Milagrosa Santa Lucía tres agujas de plata tenía; con una bordaba, con otra cosía, y con la otra sacaba las Abelidas de los ojos de quien las tenía. Con el poder de Dios y de la Virgen María, un Padre Nuestro y un Ave María.
Para a curación do Herpes, usando dun coitelo ou navalla, fanse cruces sobre a parte enfenna, pronunciando ao tempo a fórmula: Yo te corto, Herpes malino, que vaixes pra baixo, e non veñas pra riba. Yo no soy quien te corto, que es el Padre, el Hijo y el Espíritu Santo. Co poder de Dios e da Virgen María, un Padre Nuestro e un Ave María.
A Noite Máxica de San Xoán
A Noite de San Xoan. Aínda que a parte máis espectacular desta noite sosticial, a máis curta do ano, sexan as fogueiras, máis certo é que o elemento importante nesta data é a auga pola súa relación con San Xoan Bautista que libraba aos crentes do pecado orixinal por medio deste elemento. Por isto crese que esta noite as bruxas perden o seu poder maléfico pois San Xoan tén a facultade de desarmalas. De aquí a xenreira das bruxas cara este santo, testemuñada nos Autos de Fe nos que os encausados declaraban case unánimemente que por indicación do Demo insultaban ao Bautista no día da súa festa.
Antes de que as fogueiras alcanzasen a magnitude actual, o máis común era facer pequenas cacharelas ás que se lle botaban determinadas erbas e sobre o seu fumazo ou rescoldo facíase pasar o gando para libralo de aires malos e enfermidades. As fogueiras facíanse habitualmente nas praias onde os mozos bailaban e cantaban en roda ao seu redor ou saltaban sobre o lume para afacerse co seu poder profiláctico e curativo. Mais, tamén se realizaban estes ritos para espantar as bruxas e seres maléficos ou tirar determinados meigallos por se consideraren estes lugares como puntos habituais de reunión e aquelarres. Neste sentido destaca a chamada praia das Areas Gordas (Rodeira) mitificada como lugar de reunión bruxeril desde o encausamento inquisitorial do século XVII, alimentado por diversas referencias literarias posteriores: Aún hoy en el famoso Areal de Coiro, en la vil/a marinera de Cangas, puede verse en la noche del 23 de junio correr por la playa con la camisa fuera, a una caterva brujeril de la más extravagante catadura, y só eran detenidas por el bautizar de la alegre campana de la iglesia (Coiro), ante el anatema de la lúa gorda de San Juan y el retumbo de las olas».
Xa vimos tamén como nesta mesma parroquia se practicaba a recolleita do fento macho ao pé da máxica Pedra da Pena e dise que nesta noite acoden a se lavar as bruxas á fonte da Bieita, perto da igrexa, pero é preciso evitar o lugar pois quen as mire ficará exposto a recibir calquera feitizo. A parte disto, as xentes adoitan decantarse mellor polos fertilizantes baños das nove ondas no mar, emboligarse espidos no prados e comareiros como se facía cara Hermelo onde nace o Bouzós, mollándose co orballo da noite. Outros rituais desta noite tamén comúns no Morrazo eran as mudanzas de obxectos do seu lugar habitual como macetas, contraventás, portas, portais e apeiros de labranza, incluídos os carros de bois. Como habitual, desde tempo inmemorial, permanece aínda hoxe en Cangas, a colocación de flores de choupo e cardo nas casas para preservalas do meigallo e máis aínda o facer a auga de San Xoan (cacho) coa inmersión de diversas plantas. Aquí, alcanza gran difusión e interese a venda de diversas plantas medicinais e olorosas que mesturadas constitúen a poética e literaria Flor da auga elaborada nun cacho (recipiente) con diversas plantas para obter este lavativo matutino. Aínda que moitas das plantas proceden hoxe dos xardíns particulares, outras hai que procuralas no monte en lugares míticos como a Fraga de Coiro, destacando o monte da Pena, o Tromentelo, ou dos Lagos. Os mañuzos de herbas para facer o cacho, adoitan venderse xa elaborados, o día de San Xoan no entorno da praza de abastos. Adoitan diferir no seu contido varietal segundo quen o elabora, mais unha escolma das erbas empregadas pode ser a base de xarxa, ourego, esplegue, herba luisa (aloisa), malva, peineta, camomila, variedades de hortelá ou poenxo, tromentelo, codeso, folla de choupo, chuchamel e brotes de silveira, noceira e viña. Unha vez utilizado o cacho, este pendúrase a secar nun lugar da casa como elemento protector contra diversos males.
Relatos Lendarios de Castroviejo
O capitán Lebermor e os homes peixe. No ano 1666, entre barcos corsarios asaltando presas inimigas, algúns barcos mercantes como o do bretón Juan de Flot adoitaban achegarse ás nosas costas para descargar trigo e outros útil es escasos aquí. No retomo era frecuente que cargasen en Cangas numerosas partidas de limóns e laranxas como consta en reclamatoria do escribano Domingo Femández. Pero destes capitáns estranxeiros, o que deixou máis pegada da súa visita en 1668 foi o capitán inglés Aarón Lebermor que mandaba un fermoso navío nombrado "A Boa Vontade" cuxa estiba pretendía completar con cítricos. A tal fin asina un contrato ante Juan de Rial no que vai facer concerto con Francisco de Cea para que este poña en trece días e debaixo de vergas, cen milleiros delimóns e outros tantos de laranxas, pagando por cada milleiro de limóns 21 reais e 10 polas laranxas que xa eran famosas en Inglaterra. Este Capitán Lebermor, era un gran borracho e persoalmente precisaba de moitos limóns para os ponches que preparaba con ron de Xamaica e azucre moreno, facendo unhas queimadas ilnpoñentes, ás que lle prendía lume con gran devoción. Cando chegou, estaba máis bébedo que de ordinario, debido ao grande susto recibido perto das Cíes, ao tropezaren cuns homes mariños que quixeron subir a bordo.
El non coñecía estes homes-peixe e non sabía, por tanto, dos seus costumes, que tan exactamente nos describira o cardeal Gerónimo del Hoyo: Algunhas veces téñense visto nestas praias algúns peixes da mesma.figura que os homes e en todo se parecen, salvo en que teñen as mans e os pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as ras. Na cabeza, peito e costas teñen unhas espiñas que parecen pelos. Son amigos da xente humana e de que lles dean pan. Ao capitán Lebermor había pasárselle o susto en terra, cortexando á mu'ller dun tabemeiro e bebendo viño tinto de Donón en compaña dun antepasado do "Chis Chis" quen tratou de convencelo -e parece ser que o logrouda excelencia deste viño sobre o ponche. Logo contou en Inglaterra o seu encontro cos homes mariños, pero os herexes protestantes, que non teñen imaxinación nin fe, non quixeron cre lo. A Cova dos Pesos. Algunha vez contei como, andando precisamente co "Chis Chis", achándonos acollidos ao amparo das Illas Cíes, unha noite de moita galerna, vimos, en compaña do "Coxo" -especie de pirata que tiña establecida a súa industria nunha taberna situada no alto do monte da Cies Grandeaparecer perto da Punta do Cabalo, ao famoso bergantín fantasma. Este "Coxo" era unha especie de Rei natural das Cíes e non toleraba competidores, xa que tres que quixeron alí establecerse desapareceron de misterioso modo. Vendíalles viño, tabaco e augardente aos mariñeiros e non estou seguro de que en certas noites de temporal non exercese a piratería pola súa conta. Parecía un personaxe de Stevenson e sempre o tiven por paxaro de gran coidado, aínda que comigo se mostrase extraordinariamente deferente e cordial.
O bergantín do que falo, afundiuse coruído polo mar nunha noite de tempestade hai moito tempo. Traía un cargamento de onzas e dobróns parte do cal foi parar á area do fondo dunha gruta -baixo a mesma Punta do Cabaloque conserva desde entón o nome de Cova dos pesos. Os tripulantes do bergantín parece ser que eran piratas desalmados e o seu capitán o máis desalmado de todos. Cando se afundiu o navío, a súa negra ahna só devecía as riquezas do mesmo e blasfemaba, impotente, erguendo os puños ao ceo, mentres as ondas o engulían. Desde entón vese o barco en certas noites de tempestade, xurdir sinistro, dando bordadas entre o mar rompente e con ruído de loira a bordo. Alá fomos todos, aquecidos polas queimadas, e entre un vento desgarrado e agoreiro, Francisco o "Coxo", que nos guiaba, parecía desaparecer por veces, pero logo xurdía, enigmático e excitado, rubindo con incrible axilidade polas escorregadizas e negras pedras. Chegamos por fin ao borde do cantil e asomámonos con respecto. Era no fondo un fragoso sinistro "De Profundis", entre os berros agres das aves mariñas desveladas. Nada víamos, salvo uns brancores súpetos que se erguían por veces ululantes e nos salpicaban con amargos e tristes goteiróns... Pero a focha das ondas anguriábanos... De súpeto o "Coxo" deu unha gran voz e alzouse como un xigante, poseso e frenético, mentres a súa man sinalaba como unha garra cara ao Norte. Por alí viña, rápido e cabeceante, o bergantín coas velas aferradas e unha sinistra luz que proxectaba, desde o pau maior, os seus resplandores sobre a cuberta.Tiñámolo ante a nosa vista, sen posible engano, e enfilaba a boca ao norte, coa proa cara ás penas gardadoras da gruta e cun tremendo vocerío a bordo. Oimos un xuramento e vimos sobre o bauprés a figura dun home alto, coa barba negra e crecida que o vento aborrascaba e os ollos como carbóns acesos. Cando o bergantín rozaba no alto dunha onda unha das pedras escuras, a figura deu un salto ata a cima dunha rocha, coas mans no alto. Francisco "O Coxo" lanzou un ouleo e desapareceu polas pedras abaixo. Eu sentín sobre a miña man, a man xeada do "Perrachica" que me arrastraba cara ao interior da illa, mentres "Patachín", "Cavite" e "Mamumanu" rezaban de xeonllos chorando. Cando ao día seguinte regresamos a Cangas, xa pasado o temporal, ninguén falaba a bordo e, ao relatarlle ao cura de Darbo o acontecido, díxome, citándome textos do Libro de San Cipriano, que se volvía acompañar ao "Coxo de Cíes" nas súas expedicións nocturnas, non podería ser absolto... As "bruxas" de Cangas. Contaba Castroviejo que no século XVII andaban as meigas un pouco revoltas en Cangas, celebrando reunións no Areal de Coiro, tamén chamado das "Areas Gordas". En Cangas houbo tres meigas axustizadas despois da queima e saqueo da Vila polos piratas arxelinos, que en 1617 pasárona a coitelo, levándose, a modo de regalo, as mellores mozas cangueiras. En Cangas hai o apelido Bruxo -hoxe desfiguradoe tamén o de Soliño, ao que se lle atribúen cualidades de bruxaría: Por Cangas andan ou andaban tamén os "Rabusos", pequenos homes malignos, coma os gnomos pero sen as súas bondades. Unha vella viunos non hai moito cando amortallaba a unha defunta no barrio do Señal. -Contóunolo a don Manuel Viveiro o actual cura de Coiro, e a min.
Os piratas mouros -que invadiron Cangas e a puxeron a saco-, levaban no seu vestido unha tira, tal vez o turbante ou faixa, que podía tomarse, ao se desfacer, por un rabo e de aquí o nome de "Rabusos" ou "Rabuseos" para os seus descendentes, que uns consideran bruxos e outros mouros ou xudíos, tales como os Soliños que lle facilitaron informes ao Bey de Arxel para a cruel incursión do XVII. Eran de Darbo, Tirán e Cangas e vivían sós e apartados no Hio polo seu sangue non limpo. A Campá de Coiro, chamando a xunta ás bruxas deulle celebridade a esta igrexa e tamén se usaba para desconxurar tempestades. O Padre Sarmiento visitouna no ano 1745, subindo á súa torre, de curioso estilo colonial. Da campá grande de Coiro, a que chama á xunta ás meigas, fica esta fermosa estrofa popular que merece ser de Rosalía: Campá grande de Coiro, de noite ponte a tocar; son tan grandes miña penas que xa non caben non mar. O barrio de "O Sinal", hoxe chamado do Forte, e antes "Porta da Meca" -tal vez por corrupción de meigadin que foi punto de reunión, no que os renegados, tal vez xudeus, facilitaron a invasión alxeriana. Adeus meigas de Cangas, netas de Maria Soliño, que me levastes arrastro todo ao longo do camiño. Respecto ás bruxas, debo declarar que unha noite tempestuosa de lua chea, oínas no citado Arieiro das Areas Gordas. O ruído e as voces que daban metían medo. Retomaba da caza acompañado por Xesús da Pota, o cal afirmou que debían ser parrulos, pero sigo crendo, como tamén o cre o meu amigo o cura de Coiro, que eran as tales bruxas xa que ao Xesús da Pota, por outra banda, non pode facérselle moito caso por ser home coitado e excéptico.
Relatos Históricos Equívocos
Cinnania. Nun tempo moi recente historicamente, reprodúcese e esténdese que Cangas foi a antiga cidade de Cinnania mencionada por Valerio Máximo, aínda que hai outras poboacións que tamén reclaman este mesmo nome. Este historiador, no que se basea Vicente Risco, conta como Décimo Xunio Bruto, O Galaico, atacou esta cidade da Gallaecia (tamén mencionada como Cinninia e Cinginnia), moi rica e empeñada en soster a guerra. Estando sitiada e séndolle ofrecida a liberdade en troques dun rescate, os seus moradores (igual que fixeron os numantinos) respostáronlle: "Os nosos pais deixáronnos ferro para defender a patria, non ouro para comprarlle a liberdade a un xeneral avarento". Entón, Bruto decidiu levantar o cerco. O problema desta referencia histórica, convertida aquí en lenda, é que o citado historiador romano xa di no seu texto que era "unha das máis esforzadas da Lusitania" e nos enfrontamentos fala dos brácaros e dos galaicos, ubicados ao sur do Miño.
No século XVII o xesuíta ourensano J. Álvarez Sotelo (Perrelos - A Limia) publica unha Historia General del Reyno de Galicia na que ubica acidade de Cinnania en Cangas, mencionando a súa ascendencia grega debida a Teucro e Diomedes, chegados aquí despois da guerra de Troia. Desta referencia mítica é da que se concluiu (así o fai unha Guía de 1912) a procedencia do nome e orixe de Cangas que durante un tempo foi apuntada como certa. Mais os pescudadores da historia antiga non sabían que en 1880, o historiador ourensán B. Fernández Alonso xa situara a Cinnania no ano 600 a. C. no lugar denominado "A Cidade" perto do monte do Viso entre Baños e Sta. Comba de Bande, baseándose tamén en textos de Tito Livio e L. Floro. Finalmente, a aparición en 2002, dunha inscrición nunha basa de columna coa inscrición CINGINIA/ CINNANIA, deulle pé ao arqueólogo M. Mayer para ubicar esta cidade en Sobrado, Caldas de Vizela (Guimarães) territorio, aínda así, da antiga Gallaecia. Lancia. Foi este un nome elixido para denominar a un dos equipas de futbol locais que naceron nos anos vinte e que debeu ser decidido por alguén con coñecementos históricos. Porén, o nome non alude a Cangas senón a unha das illas Cíes que xunto coa de Albiano aparecen conformando o arquipélago nos textos clásicos.
A Condesa dona Luz. Outra reinterpretación histórica xorde a finais dos anos vinte do pasado século ao recoller G. Álvarez Limeses na Geografía de Galicia que en tempos de Witiza, antes de ser rei, cando era gobernador de Galicia no ano 699, vivía en Cangas dona Luz, duquesa de Cantabria e nai de famoso reconquistador don Pelaio. Este dato sería repetido en numerosos traballos, publicacións e mesmo guías turísticas sen decatarse que en Asturias hai tres poboacións co mesmo nome de Cangas. E nesta historia, baseada nos antigos cronicóns, cabe mellor situar a residencia de dona Luz Vitular (filla de Vitulo), irmá de don Rodrigo e casada con Fafila (Favila), en Cangas de Onís. Aquí estableceu a súa corte o rei Pelaio despois de ter derrotado aos árabes na batalla de Cámicas, nome que non só aclara a confusión toponímica, senón tamén a orixe das poboacións, sete en Galicia e tres en Asturias, que levan o nome de Cangas. Ademáis, dona Luz nunca foi condesa de Cantabria segundo expertos xenealoxistas. O rei enfeitizado. Polos comezos do século pasado tamén circulou popularmente a noticia (falsa) de que o monarca español Carlos II denominado popularmente como "O Enfeitizado" estivo en Cangas. Contábase que este rei, paradigma da decadencia borbónica, acudiu á nosa vila a causa dos seus problemas de saúde que en realidade eran de consanguineidade. Como a medicina daquela época non daba resolto este asunto, dise que decidiu probar coas xa "famosas bruxas" da nosa localidade para que lle tirasen o meigallo. Tamén se contou que, unha vez desconxurado, lle agradeceu o favor á localidade, outorgándolle a Cangas o título de Muy Noble Villa...
O Southern Cross. Algúns relatorios sobre naufraxios antigos adoitaban vir envolveitos nunha aureola lendaria que os achegaba ao misterioso pero os naufraxios modernos, como este, xa eran esclarecidos polos medios oficiais e a prensa librándoos de especulacións lendarias. Contodo, este naufraxio, acontecido na Borneira na Noiteboa de 1909, aínda xeraría aspectos lendarios como os que xa narramos e outros que se estenderon como un ruxe-ruxe descalificatorio dos veciños de Balea. O balance do naufraxio deste trasatlántico que traía 168 pasaxeiros saldouse cun morto e varios feridos e sufriu moitos danos no casco dándoo por afundido. Porén, a maior parte da carga máis valiosa foi recuperada pero outra parte, como mobles, vaixelas, cristalería e bidóns de cemento e cal foron raqueados polos veciños e moitos destes obxectos aínda se conservan en diversas casas de Cangas. A este respecto e promovido pola envexa dalgúns, veuse propagar o bulo de que os veciños de Balea pintaron daquela as casas de branco con botes de leite condensado procedentes deste barco coa conseguinte sorpresa e chasco de vela correr polas ruas cando caeu unha chuvia forte: O relato deste feito chegaría ata hoxe pero hai que aclarar que non houbo tal cousa pois os de Balea non eran tan parvos como os querían poñer e o que usaron foron os barrís de cal que sacaran do Southern Cross.
"Contan que..." - Tradición Oral
Contan que... O monolito de Rodeira. Situado nesta praia e pintado en franxas vermellas e brancas (hoxe en azul e branco) deu moito que falar sobre a súa utilidade e situación: A última conclusión é que servía para fixar a velocidade dos barcos (?) mais o certo é que foi utilizado polos mariñeiros, igual que San Roque, o campanario da igrexa, a marquesiña... no posicionamento dun punto na ría. E con esta misión xa atopamos desde comezos do século XX esta chamada daquela "Torre de Rodeira" que servía de enfilamento coa baliza da Borneira e máis o Monte Faro para entraren os barcos na ría pola bocana sur. No Cabicastro de Adina (Sanxenxo) tamén se conserva outro con idéntica finalidade. O "secreto" de Soage. É esta unha cuestión que se mantén na máis absoluta discreción polo de irreverencia que pode supór para a figura do prócer local. Mais, o certo é que unha das primeiras cousas que un coñecido escritor cangués nos mostrou como unha especie de arcano que servía para acreditar aquilo de que non eres de aquí se non sabes que... é o que semella un membro viril na estatua de Soage se esta se observa desde unha determinada posición por ambos lados e que en realidade son os cóbados do mariñeiro integrado na mesma. Os Invasores. Denominación que se lles deu nos anos setenta aos feirantes de cada martes e venres que pasaron a instalar os seus postos no novo aterramento de r ampliación do peirao entre a praza do Mercado e a Estación de Ría. A ocupación do novo espazo, foi considerada como unha "invasión" e deu lugar ao alcume, relacionado cunha popular serie de televisión destes anos titulada Los invasores e que segundo a publicidade, eran seres extraterrestres dun planeta agonizante, o seu destino, A Terra e o seu propósito, conquistar o planeta. O nome de O Aterrado tamén se comezaría a utilizar como sinónimo destes mercadiños semanais. Cabo do Home e o Facho. O Facho foi unha garita, chamada principal de Punxeiro, que desde o século XVII avisaba con lume ou fume (de aí o seu nome facho popular) da chegada de naves extrañas ou inimigas á ría. Este aviso era transmitido ás garitas do interior co mesmo sistema por un home de garda do que procede o nome de Cabo do Home. A redución a Cabo Home tén levado actualmente a que moitos foráneos anden a preguntar por Cabo Houm como se fose inglés e non galego. Tempos aqueles en que eramos nós os que convertiamos o ingles Cape Town en Capetón... Casas de patín. O apelativo de patín, que tén confundido máis dunha vez a propios e foráneos, obviamente non fai referencia ao significado que a palabra tén en castelán xa que en galego se di patamal. Fai referencia á escaleira exterior das casas, construidas deste xeito por aforro do escaso espazo interior e moi espalladas por Galicia como elemento construtivo. A peculiaridade das de Cangas é que estas escaleiras patinadas ocupaban espazos da vía pública polo que moitas foron desaparecendo onde estorbaban o tránsito dos carruaxes e vehículos.
Casas estreitas. Estas edificacións tamén adoitan pasar desapercibidas e cabe dicir que, aínda que espalladas principalmente polo casco vello, son bastantes as casas f que podemos catalogar aínda hoxe con esta característica. A ausencia de normas construtivas, as partixas e a mesma cativeza do solar (casas do remo) están na orixe destas fachadas exiguas que a pesar das súas escasas medidas, unha delas de 1,55 m., non figuran no Libro dos Records que inclúe outras europeas de maior tamaño de fachada. Anotámolo como curiosidade. A Congorza. Tense interpretado este nome da praia de Balea como cogorza e algúns relacionano coas festas que hoxe se fan nas praias. Mais, o seu nome vén de Congroça, proviñente de congro, un dos peixes de maior captura polos mariñeiros cangueses noutros tempos. A súa abundancia nesta zona ou como lugar de descarga, acreditarían este nome. O Keniata. Con este nome foron designados uns campeonatos de futbol a seis que se iniciaron en Massó no verán de 1980 entre equipos de mozos, apoiados por locais comerciais e de hostalería. En inicio, foron xogadores de balonmán que aproveitaban oparón das súas competicións e imitaban aos campionatos de praias fundados por Leri en Vigo. O porqué do nome segue sen explicarse e dise que foi unha ocorrencia, baseada quizáis no fútbol precario que se xogaba en Kenia e a pinta dos xogadores, pero o certo é que logo se estenderon a Moaña e hoxe contan cunha liga de fútbol 7 con tres categorías.
Altamira. Zona de Cangas onde se ubica o cemiterio e de aí formáronse frases como estar en Altamira, xa foi para Altamira... incomprensibles para moitos. O cura do Cruceiro do Hio. Para algúns dos moitos visitantes desta obra do mestre Cerviño, non pasou desapercibida a presenza dun crego entre as ánimas que purgaban os seus pecados. Por lóxica e respeto á profesión, non é habitual a inclusión de curas nos nosos petos de ánimas e de aí outra exclusividade deste monumento. Segundo referencias, semella que o mestre canteiro Cerviño incluiu esta figura por imitación da que existía no irreverente retábulo da famosa Dema do Hio, constituindo por demáis outro argumento que contribuiu á súa eliminación e destrución. Cangas - Vigo. Cando se usa o transporte de ría, os de Cangas collen basicamente o barco e nun tempo tamén o vapor ou a lancha, como as de Leta, máis pequenas e rápidas. Coller o barco segue a ser hoxe o máis habitual pero desde hai uns anos resulta chocante escoitar en Vigo que van coller o transbordador ou o ferry. E por este medio marítimo crúzase a Ria para ir a traballar, a estudar, a Povisa, a comprar... e ir a Vigo a mirar Can gas. Tamén nalgúns medios dixitais modernos prolifera a afirmación de que Cangas, mar por medio, é un barrio mariñeiro de Vigo cando a nosa vila é Concello desde hai máis de quinientos anos. Terá algo que ver tamén con isto a oliveira que chantaron no peirao de pasaxe? A redonda do "Gordo" De factura recente, este punto viario pronto contou coa súa lenda urbana ao comentarse que os chineses enterraban aos mortos nunha leira próxima ao pensaren que era unha reprodución de Buda. Ao fin comprobouse que só cultivaban unha pequena horta para autoabastecerse. Tamén se dixo que era de Botello ao confundilo con Botero.
Máis certo foi que o chamativo coloso do escultor ourensano Ramón Conde, bautizado como "Avante", foi proposto para candidato nunhas eleccións locais en base a razóns de peso e consta tamén que, inicialmente, non era esta a escultura proposta para este lugar senón outra das ciclópeas estatuas que adoita labrar este artista, pero que foi rexeitada pola súa rotunda, exuberante, rechamante e totalmente espida fisonomía. O Sinal. É o nome dun dos dous barrios que conformaron a antiga vila de Cangas pola que seguiu a súa expansión urbanística paralelamente á praia da Ribeira. O seu nome debeuse ao sinal de término que conformaban unhas rochas frente a desembocadura do río Bouzós, chamado tamén O Señal. Nos documentos antigos menciónase xa con este nome que é unha castrapización de Sinal (El Señal) pero conservando o artigo masculino galego. Nesta ampla zona e despois do asalto dos turcos, construi use unha bateria que logo lle daria nome ao barrio do Forte. Tamén se usou para celebrar mercados, fíxose unha praza pública (eirado) e foi a zona de saída do camiño de Cangas cara a Moaña formándose a rua de Méndez Núñez e facéndose unha nova ponte sobre o rio. Estas pedras do Sinal quedaron por frente do recheo de Ojea e sobre elas ergueuse a escultura de Coya, O Galeón, máis coñecida como da Serenita. O Cristo de la Pila. Chámalle a atención a moitos que o antigo Cristo que non quixo arder se veña denominando como de la Pila (pía en galego) pois na súa efixie non figura este elemento por ningures. Esta identificación provén de 1796 cando se incorpora á daquela aínda colexiata, a imaxe do Cristo do Consolo, esculpido por Juan Pintos, que pasaria a ocupar un lugar preeminente na mesma. Xa que logo, o antigo Cristo ou Bon Xesús do século XVI sería ubicado xunto da Pía Bautismal e por distinción popular pasaría a ostentar esta designación que confunde a moitos visitantes.
O himno de Cangas Non sabemos se oficial ou oficioso, o considerado como himno local pertence a unha canción de Entroido titulada "Pasarrúas dos Pelotaris" que era unha das comparsas que sairon alá polo 1905. A letra e a música atribúense a Cecilio de la Gándara e o himno é o estribillo do que era longo poema dedicado ás belas mozas da localidade. O anecdótico da letra céntrase no uso da palabra pensil que se interpreta como "Persil" (antigo xabón de lavar) cando é unha metáfora moi subliminal e intelixente que identifica un xardín colgante co busto feminino. O Alondras C. F. O nome do club de fútbol local é tamén outra das curiosidades que lle engaden enxundia á vila na hora de "bautizar" cousas. Dise que cando se constituiu o club en 1928, había duas propostas, ambas baseadas nos nomes de duas operetas, daquela de gran éxito e sona: Las Alondras y Las Castigadoras. O nome, disque se decidiu nun partido entre os defensores de cadansúa destas propostas, gañando a primeira. Loxicamente, o nome perdería o artigo, optando polo máis neutro, Alondras C. F. Federico Romero e Guillermo Fernández-Shaw. Música: Jacinto Guerrero. Os Fortes militares. Hai dous lugares, un en Cangas e outro en Darbo, que aluden a construcións militares de distintas épocas. O de Cangas, en realidade unha pequena batería con trincheiras que logo deu nome ao barrio actual, non se atopaba neste senón máis ou menos frente ao actual Concello. Foi construida poucos anos despois da invasión turca para protexer esta banda da vila dos posibles desembarcos polo areal que se prolongaba da Ribeira ao río do Señal. O outro Forte estaba en Balea, no mesmo lugar onde en séculos anteriores xa se proxectara unha batería. Este comezada a construirse en 1898 ao temerse un ataque ianqui despois da perda de Cuba. Ao desactivarse a temida invasión, ficaría inacabado, perdurando os seus restos e o nome ata anos recentes.
A praia dos Alemáns O seu nome é praia do Canabal pero nos anos vinte comezaron a facer uso dela os empregados do Deutsch Atlantische Telegraphengesellschaft (DAT ou Cable Alemán) que cruzaban a ría desde Vigo a golpe de remo: Por esta razón acabaría denominándose "dos Alemáns". A Fonte do Cabalo O Apóstolo Santiago de Cerviño que coroa esta fonte desde 1880 leva anos xa maneto do seu brazo dereito no que sostiña unha férrea espada coa aniquiladora de mouros. En tempos republicanos foi furtada do seu sitio, ficando "o fillo do trebón" cunha actitude de puño en alto acorde cos tempos que corrían. O paradoxal deste asunto foi que a reposición da arma sustraída foi realizada polo canteira e concelleiro socialista Lorenzo Corbacho, acción que non o salvaría da voráxine fascista. En tempos moi anteriores, cando a fonte se ubicaba no lado oposto ao actual, esta estatua ecuestre xa sufrira a primeira mutilación, esta vez "oficial", pois as beatas radicais daqueles tempos finais do XIX, esixiron das autoridades e do autor un rebaixamento das esaxeradas partes pudendas do cabalo que destacaban unha barbaridade na visión "contrapicada" desde o adro da colexiata. Non cabe dúbida de que o escultor quixo ser realista e non fixo máis que reflectir o antergo e universalizado dito de ter máis dentes que o cabalo de Santiago. Saboneta Foi sinónimo de reloxo durante unha época e os mariñeiros adoitaban traer dos seus periplos marítimos os da marca Savonette que eran como os Rolex de hoxe. Esta designación remóntase á época na que os reloxos eran de peto e aínda non existían os de pulso. É unha palabra francesa (savonette) que vén significar "xabonciño" e que designou por extensión, aos reloxos que levaban unha tapa que se abría premendo na coroa da corda. Contan que Napoleón, sempre con présas, canso de abrir e pechar a tapa do seu reloxo mandou facer un oco na tapa que permitise ver as agullas gravando as horas na mesma. Entón naceu o reloxo chamado "media sabonete" que era como se designaba oficialmente polos reloxeiros locais. Vedrines No galego común denomínanse anda viras ou tarabeles e forman parte do xogo infantil consistente nun "molinete" con aspas de papel prendido no centro a un pau que xira ao correr con el. Esta designación canguesa provén sen dúbida do impacto que o afamado piloto Jules Vedrines causou en todos os pobos daRía cando veu a Vigo, con polémica incluída, a facer unhas exhibicións aeronáuticas no ano 1911. Foi tal a popularidade da exhibición que logo os cativos decidiron imitar ao piloto, xogando a vidrines. Ese home! e Os Carallotes. Exclamación moi utilizada para chamar a atención 1 de alguén ou como saúdo informal. O curioso desta expresión é que procede do latino Ecce Homo (Aquí está o home) utilizada no ritual do Encontro da Semana Santa no que interveñen antigas figuras articuladas. Estas pola súa desproporcionada delgadez eran coñecidas popularmente como Os Carallotes, que son as holoturias, pepinos ou carallos de mar.
Traballar para Aldán. Esta expresión, de vella fasquía, significa perder o día, non sacarlle proveito. Procede da época na que os vasalos e f oreiros do Conde de Aldán por non poderen pagar, debían cubrir esta débeda traballando gratis nas terras condais ata amortizala. A aportación das mulleres nestes traballos era a metade que a dos homes. Meter a bordo. É o mesmo que embarcar, enganar ou aproveitarse de alguén ou de algo. Ir a Vigo a mirar Cangas. Tén un significado semellante á anterior, indicando neste caso, non conseguir na viaxe a Vigo, os obxectivos propostos e retomar sen resolvelos. É dicir, facer unha viaxe en baldío. Facer a godalla (ghodalla). Significa o que noutras partes de Galicia se di latar, faltar a clase. Non está clara a orixe desta palabra que xa foi recollida en Pontevedra polo Padre Sarmiento a mediados do século XVIII. Godallos chamábanlle aos alguaciles da xustiza que practicaban cobros e embargos usando a veces de trampas e enganos, é dicir facendo godalladas ou actos ilegais que é o que facían os estudantes ao non asistiren ás aulas. Ir ao corso. Definíanse así a expedicións infantís destinadas ao roubo de fruta ou facer algunha trasnada. O seu significado está claro que provén da actividade corsaria que en séculos pasados se practicaba nas nosas costas asaltando con permiso oficial os barcos inimigos. A lume de caroso. Expresión que indica rapidez, présa ou prontitude nunha acción que se realiza coa velocidade á que ar-den estes restos das espigas moi usados antano para prender o lume.
Vai chorar a Cangas. Este dito foi moi popular en Galicia e dicíase cando alguén se queixaba de algo irresoluble ou facía peticións extremas co recurso do pranto. Coidamos que tén que ver coa sona que alcanzaron as pranxideiras de Cangas que adoitaban acudir aos enterros. Unha das últimas coñecidas foi Josefa Soto A pechencha. Andar a pan de millo. Dise cando se percibe que algo non alcanza gran rendemento ou anda frouxo, indicando fraqueza, debilidade, falta de forza... Tén numerosos usos e aplicacións, tanto antigas como modernas. Facer ghasolina. É frase moi autóctona e funciona como substituto de botar gasolina ou levar a repostar un vehículo. Os cruceiros. Son bastante abondosos no noso concello e a maioria comezaron a erguerse durante a Contarreforma do século XVI, promovidos polas ordes mendicantes que promovían a idea do Purgatorio. A maioría son ofrendas de persoas piadosas e podentes que ben podían custear a súa construción ou recorrían a colectas entre os fregueses. Situábanse a pé dos camiños ou nas encrucilladas por onde vagaban as ánimas e tamén a Compaña. Arredor deles, ademais de oracións ofrendas e rituais cris' tiáns, tamén se facían ritos sanatorios e bautizos antecipados como no do Señal ao lado da ponte vella do Forte. Aquí, traemos dous cruceiros que se caracterizan por estaren policromados, estado que se dí propio dos máis antigos. Un deles é o da Magdalena sobre un peto de ánimas tamén policromado, cunha inscrición adicada aos que por alí pasan: vivos ou mortos. O outro é o da Laxe en Darbo do que de tanto fregalo perdeuse a inscrición que logramos reconstruir e dicía: Hecho a cuenta de los cofrades por el racionero Antonio Gestido. Agosto de 1695 (4?). O último cruceiro que traemos a conto é o chamado de Síngulis e tamén do Cristo dos Aflixidos no inicio do Camiño Vello do que se dixo sen fundamento que era "onde se xulgaban ás bruxas de Cangas" cando consta que foi construído moi posteriormente (s. XVII-XIX). Semella que, igual que outros da zona, a súa primeira fasquía presentábase policromada pois aínda hai lembranza de notarse as cores no mesmo. Cruceiro de Síngulis.