Crenzas, Maxia e Ánimas
A Santa Compaña e as Ánimas en Pena
A Canle das ánimas. No antergo trazado do camiño do Hío a Pinténs, pasando pola Lobeira e a Chamiceira, empeza o tramo do que arranca a chamada "Canle das Ánimas", baixando a ladeira do Outeiro da Vela e rematando na costa das Minas a uns trescentos metros do mar enriba da Senllosa que din que se chama así porque é moi soleada. Mais o nome de Canle das Ánimas, veulle aposto porque dicían que nela se escoitaban pasos de noite sen presenza humana e que a veces se miraba deambular a Compaña. Desde Vilariño, foron moitos os que miraron subir, de noite e ata antes da luzada, a procesión das ánimas polo camiño empedrado, suscitando esta visión entre as testemuñas, unha xa habitual xaculatoria: Aí vai a graza de Deus do Hío a Donón! Tamén os mariñeiros, con mellor perspectiva, miraban desde o mar esta procesión de luces que ía polos montes do Hío e que desapareceu despois de que na igrexa parroquial se celebrase un acto xeral de ánimas, é dicir, unha misa por todos os defuntos xuntos, pois antes facíase unha misa nominal solicitada para cada defunto, quedando moitos deles sen a súa misa. Ademáis, para rematar con esta presenza, os veciños fixeron tamén unha misa na encrucillada dos Catro Camiños que está entre As Canles e a Senllosa.
A Compaña e o Orco. Cóntase que a primeiros do século pasado, unha noite de verán polas doce da noite, a señora Francisca, veciña de Freíxo, viña de Bueu dunha festa e ao pasar por onde está hoxe aAxudantía de Mariña de Cangas, indo cara O cruceiro do Señal, aparecéuselle a Santa Compaña. Mirou naquela comitiva moitas capas brancas en procesión, acompañadas dun can de grandes dimensións que lle chamaban o Orco e levaban grandes fachos e facían un ruido, como se levasen cadeas arrastro. Nun intre desapareceron e pouco máis tarde chegando ao Forte voltou a mirar. A Compaña en Coiro. Tamén alá polos anos cincuenta, un veciño da Míranda camiñaba tan tranquilo cara a súa casa cando regresaba de Moaña. Ao estar perto do Igrexario, un aire guindoulle a pucha e deseguida notou o frío da noite na cabeza. Deu a volta na procura da gorra e buscou arriba, abaixo, aos lados, e nada. Xa un pouco desanimado, insistiu na busca e cando estaba mirando para o chan notoru de súpeto outra vez a pucha na cabeza. Abraiado e temeroso seguiu camiño para a casa e ao chegar comentoulle a todos o acontecido, concluindo que o acontecido foi debido aos efectos do paso próximo da Compaña. A Compaña na Cruz de Castro. A ubicación deste cruceiro denominado Cruz de Castro, a parte do que tén de ofrenda dun particular en tempos máis recentes, non cabe dúbida que serviu de motivo protector da encrucillada na que adoitaba confluir tamén a Santa Compaña, segundo nos contaron. Esta procesión de ánimas en tránsito non difería moito da que adoitaba percorrer outros lugares da contoma pero segundo un relato recollido por Eugenio Eiroa, semella que esta reunía unhas características especiais que a diferenciaban das outras. A narración, recollida dunha veciña de idade e con diversas interpolacións lendarias conta que nas noites desapacibles aparecía unha fúnebre e longa procesión duns douscentos cincuenta a trescentos esqueletes con fachóns acesos, formando duas ringleiras e supúñase que todos eles e elas tiñan morto habería uns oitocentos anos, máis ou menos, cando o castelo aínda existía. Os esqueletes mostraban un aire medieval pois os de home vestían rexas e enferruxadas armaduras con longas espadas ao cinto e os de muller lucían ricos vestidos de cor vermella e verde, claros e escuros e tamén negros, algúns con toucas brancas bordadas. Mais, tamén había algunhas de menor rango social que lucían un mantón e se cubrían con panos, indicando a súa condición de criadas ou labregas. Cando chegaban á Cruz de Castro comezaban a dar voltas en espiral ao redor do cruceiro ata que se sumaban os últimos da comitiva. Diseque quen adoitaba presidir esta procesión era un antigo cura de Darbo pero que as máis das veces era o esquelete do arcebispo Diego Xelmírez, dono e señor do castelo de Aravo, quen executaba o solemne ritual da misa de defuntos ou de Requiem. Adoitaban actuar sempre como concelebrantes nesta misa, os abades mortos das freguesías da con toma, incluso os de Bueu, Moaña, Tirán... Consta que nesta misa non había comuñóns pois os esqueletes no podían comulgar ao careceren de lingua e padal. Ao remate do acto apagábanse os fachóns e os defuntos desaparecían para retomaren á súas sepulturas.
A ánima do hórreo. Habia na parroquia de Darbo un lugar no que se erguía un hórreo. Polo lugar corría unha lenda que falaba de que un írmán matara a outro e que o enterrara alí debaixo daquela edificación. Unha vez, o dono do terreo quixo botalo abaixo para facer unha casa e cando se puxeron a derrubalo ouviron unha voz que saía do hórreo e que dicía: -Non me movas de aquí! Por todo isto, a xente matinou e deduciu que era a alma dun morto que aínda estaba purgando os seus pecados e que por iso suplicaba que non cavaran alí e portanto desistiron de facer a obra. Acada un o que e de seu. Cóntase dun veciño que despois da Guerra de Cuba, na que caera ferido, máis tarde desaparecido e dado por morto durante catro anos, voltou á súa casa de Augalevada coa enfermidade do paludismo. Naqueles tempos non había tratamento para esta doenza e unha meiga de Coiro recomendoulle que fose ao cemiterio ás doce da noite, que procurase un óso humano para rallalo e logo botar as ralladuras en auga fervida, engulindo aquel bebedizo ou pócema. Cóntase que despois dos dez ou doce días de tratamento, o home sentía que chamaban varias veces á porta da súa casa e que cando abría, alí non había ninguén. Consultada de novo a meiga sobre este tema, aconselloulle que ofrecese unhas misas pola alma da persoa a quen pertenecía o óso utilizado no tratamento. Así o fixo e desde entón non lle volveron petar máis á porta pero nunca se soubo quen era o defunto...
O espírito do ancestro. Cóntase que en certa ocasión, a unha moza de Darbo ocorreulle que de súpeto non podía entrar na casa, que había algo que a detiña e que ao tentar vencer aquela forza, sangráballe o nariz. A nai da moza foi consultar cunha meiga que había en Darbo e esta díxolle que aquilo non era máis que o espíritu do seu avó que quería contactar con ela... Benditas ánimas e ánimas benditas. Aproveitando as datas de comezos do inverno, recuperamos diversas anotacións que tiñamos feito sobre este tema pois andamos no tempo de lembranza das ánimas e dos mortos, asunto este último do que en Galicia hai abondosa literatura e traballos etnográficos que amosan unha forma especial de celebracións como a presenza de amortallados (Rio, Darbo...) ou a asistencia aos enterros das pranxideiras ou choronas das que Cangas ten sona. Os agoiros eran algo moi tido en conta polos nosos conterráneos que vían no cheiro a cera, no voo dun corvo, nos ampos da curuxa, nas galiñas que cantan como galos, nas fachas ou luces na noite... sinais premonitorios da morte. Extranos rituais como o do Abellón, descrito por Brañas, zunindo e xirando arredor do corpo do finado aínda presente e o costume de convidar a comida aos asistentes aos velorios, a veces tan abondosamente espléndidos que deixaban exhaustas as arcas dos familiares, incluso ata a mina: O defunto vai na igrexa, a muller está apenada, imos bebendo e comendo, con chorar non se fai nada. Pé do lume da lareira ou dunha fogueira corría a caña e o pan, o xamón e o chourizo, facíanse xogos, contábanse contos e chistes de rir e tamén de medo e se había mozos e mozas aquilo remataba en foliada. En fin, un mundo de vedoiros que se comunican co Alén, de cabelos do difunto como reliquia e incluso de mortos queridos e familiares, fotografados para dar testemuña do óbito aos que estaban na diáspora. As duras epidemias do século XIX promoverían unha mudanza nos enterramentos e aparecerían os cemiterios de altos muros ou lonxe das poboacións, clausurándose os camposantos arredor das igrexas e prohibindo as tumbas no interior dos templos. Isto, que se facía por profilaxe e hixiene, tamén veu supoñer unha dificultade pois diminuiron os tránsitos nocturnos das almas en pena. Ainda que resulta complicado separar ambos conceptos, defuntos e ánimas, tentaremos axustamos máis profusamente ao relacionado con este último término. En Galicia, as ánimas gozan de especial devoción con confrarias nas parroquias e a elas non se lle adica só un día senón todo o mes de novembro, específico mes de Ánimas. Mais este periodo, incluso se prolonga nos rituais ata o comezo do ciclo de Nadal, data na que este ano, non sabemos se en memoria das ánimas dos desafiuciados, pola ledicia do Nacemento do Neno ou do renacemento to anímico da economía, elixiremos novos parlamentarios e goberno. Foi Lisón Tolosana quen nos seus traballos antropolóxicos sobre o noso país chegou a comprender a estrutura subxacente no miolo das parroquias galegas: Existe a parroquia dos vivos, das familias e individuos que poboan os lindeiros desta tan antiga xurisdición territorial e está tamén a parroquia dos ausentes na emigración, indianos ou triunfadores que lle regalan ao seu propio fogar, cidade ou país a súa solidariedade e filantropía a xeito de investimentos ou grandes obras. Ademáis contamos coa parroquia dos antergos, mítica e pagana, simbolizada polos seres máxicos, mouros, mouras, ananos, trasnos... que perviven no seo da terra, morando en castros, mámoas, petróglifos, penedas, fontes... vixilando tesouros que foron agochados en tempo inmemorial. E finalmente temos a parroquias dos mortos do cemiterio que agardan sen desacougo ningún a chegada do Xuizo Final alá no ceo e a parroquia dos destinados a purgar os seus pecados e faltas representada pola ánimas ou "almiñas" que por veces se materializan colectivamente na Compaña, percorrendo as vellas corredoiras na procura de oracións ou preanunciando a morte de quen a mira. Hai outros casos de manifestacións anímicas como a protección sobre os animais nos camiños, como o do santuario de Teixido, pois crese que son ánimas en pós de alcanzar a salvación no santuario: Ao SanAndrés de Teixido vai de morto quen non foi de vivo. Sobre esta especial circunstancia da que atopamos semellanza coas formigas que acoden á romaría da Nosa Señora das Portas Abertas en Vilardevós, hai quen ve un caso de metempsicose ou de transmigración das almas que conecta coas crenzas na reencamación que se dan en antigas relixións célticas e tamén orientais. Porén, na devoción popular ás ánimas hai quen quere ver máis próximo, unha lembranza do culto aos romanos Lares Vial es que na nosa zona entroncarían co do deus Berobreo do Facho. Pouco queda xa dos vellos costumes destes días como as misas de ánimas nas que se pregaba por esta colectividade parroquial e incluso polos axustizados (ánima soa) dos que era evidente a súa culpabilidade. Tamén queda pouca memoria dos toques de ánimas das campás chamando ao rezo no anoitecer, de gardar sitio e prato na mesa en días sinalados como o de Defuntos ou Nadal para os mortos da casa, de levar zonchos (castañas cocidas), viño e outras mantenzas ao cemiterio e depositalos na tumba familiar tal como prohibían as Sinodais no 1541. Tampouco via moi claro a Igrexa o costume do animeiro que percorría as casas pedindo esmola e rezos para as ánimas ao tempo que avisaba dos perigos do lume. Nalgunhas zonas de Galicia esta función adoitaban facela mozos que usaban do medo ao desfavor da ánimas (trato ou truco?) para recabar viandas qas que consumían unha parte en xantar comunitario. E en case todas as casas, adoitábase alumarlle ás "almiñas" domésticas con mechas metidas en aceite, acendendo unha lámpada por cada defunto habido... En fin, luz e calor para orientar e aquecer aos espíritus vagorentos nun mar de tépedas tebras e tamén de alimento por se o precisasen. E como para facer máis forza nesta anímica misión salvadora, celebramos o Magosto, o magus ustum ou lume máxico, onde a luz, o calor e o xantar se conxuran en colectividade: Cada castaña que estoura dise que é un alma salvada. Xa Murguía intuira que estas xuntanzas de xentes e castañas, de viño e xolda... contiñan as lembranzas de vellos xantares funerarios que se celebraban preferentemente na noite de difuntos e Añón, nun poema, fala de defuntar o magosto e rebuldar coas meniñas. A morte pola purificación no lume enfrenta ás castañas co viño, sublime dador de vitalidades dubidosas e animador da xolda e da vida. E o lento consumir do lume, por tempos avivado, concede un tempo suficente para que as ánimas se acheguen desde o mais alá a se alimentar quentar das friaxes da viaxe por outros mundos. Na súa reiteración ao longo do inverno está o secreto da obtención de maiores beneficios para os que penan. En principio, a Igrexa, após a morte, só consideraba o sistema dualista de Ceo ou Inferno mais viuse obrigada a reflexionar sobre o lugar ao que ían os que cometeran pecados leves e que xa se tiña en conta por moitas tradicións populares. Esta crenza atávica e os escritos de San Agustín farían nacer, ala polo século XII ou XIII, o concepto de purgatorio non exento de controversias para chegar a consideralo como dogma.
Sería no concilio de Trento (1545-1563) onde este terceiro estadia após da morte había recibir por decreto a confirmación da súa existencia e que as ánimas nel retidas poden ser axudadas polo sufraxio dos fieis. Unha destas formas de sufraxio ou axuda practicábase en Cangas deixando sen recoller o mantel da cea e sobre todo o pan, pois logo viñan as almas a "glorearse" con el. O mundo das ánimas materialízase no noso país, aparte de nas numerosas confrarías, na instalación de petos de ániinas en lugares adoitas para recibiren as esmolas dos que co seu donativo coadxuvan á salvación dun pecador ou pecadora. O peto coa representación das ánimas tiña antano unha abertura ampla pola que se podían meter ovos, pan, roscóns, carne, galiñas... mudando máis tarde a unha re gaña e caixa para acoller só cartos. Temos "almiñas" de certa fasquía en Cela e en Meiro e as máis coñecidas en Cangas son as da Magdalena e as do artístico cruceiro do Rio nas que segundo a veciñanza figura un crego e que viñeron suplir a aquelas de maior devoción que se atopaban no retábulo no interior da igrexa que contiña a figura da famosa Dema representando ao inferno. Tamén como lugares de devoción ás ánimas, temos os cruceiros dos que en Cangas son aínda moitos os que teñen permanentemente acesa unha lámpada de aceite atendida por veciños devotos: Na Laxe, en San Roque, en Síngulis, no Señal... Os cruceiros, numerosos e fermosos no noso concello, erguéronse por doacións pías, moitas particulares como consta gravado na súa base pero tamén por sacralizar un lugar, un punto significado ou cruzamento de camiños e incluso para servir de marco de término de freguesías. Cando esta división parroquial é arbitraria e os veciños dun lugar son enterrados en cemiterios diferentes, estes cruceiros son os puntos de congregación das almas dos mortos da temible Compaña. Neste sentido, son coñecidos os de Cantoarea, entre Marín e Lourizán e sobre todo o de Morouzos na encrucillada de Castiñeiras onde se axuntaban as almas en pena de tres parroquias, Aldán, Beluso e Bueu, aínda que nos dixeron que chegaron a concorrer ata de sete freguesías e que adoitaban percorrer sete cruceiros. En tempos pasados, a xente ofrecíase a levar aceite para elas, sobre todo en caso de haber alguén enfermo para que pedisen por el. No cruceiro púñase unha lámpada por nove días e logo din que se escoitaba un asuán (marmurio de rezos) moi forte pois eran sete as sete compañas alí reunidas. Isto foi acreditado por moitos mozos que contaron que cando viñan de noite de rondar ás mozas, daban un longo rodeo, evitando o paso polo lugar cando escoitaban estes marmurios. Hai xa anos que non suceden estas cousas e debe ser que desde a construción alí do parque empresarial nin de noite hai tranquilidade. Cabe tamén que as ánimas anden despistadas pois mudaron a cruz de sítio, aínda que, contodo, este cruceiro, erguido polo capitán José Antonio de la Rua Aldao en 1700, segue a ser atendido na súa luminaria permanente. Podemos dicir que para os nosos antergos foi este un lugar moi especial pois ademais da parroquia das ánimas, aquí tamén comparte territorio a mítica freguesía dos antergos, os mouros, que, como dixemos, ergueron as mámoas e que habitaban o Liboreiro ata que foron expulsos a Udra polo Apóstol Santiago. Obviamente, resulta difícil recabar datos fiables sobre a Compaña, que de santa non tén nada, e sostense ademais que foi a luz eléctrica quen veu dar cabo dela, aínda que consta na memoria popular ter percibido e "sentido" o ar e o cheiro da cera e do incienso pola ponte que unía o Forte con Cangas. Como xa referimos anteriormente e resumindo, temos constancia do seu deambular polo Hío no lugar de Santiás (Centiás) onde hai restos de antigos enterramentos. Tamén nesta parroquia, foron moitos os mariñeiros que acreditaron ter visto desde o mar as súas luces retirándose no fus, co lusco da madrugada pola Canle das Ánimas en Pinténs. En Coiro tamén debeu andar moito pois está escrito que a vella campá da igrexa servía para protexerse contra a Compaña e non das bruxas como se deu en popularizar despois. Ademáis, demos conta do relato da reunión, pé da Cruz de Castro, de almas en pena de alta alcurnia, con reis, raíñas, bispos, guerreiros do castelo e ata o cura de Darbo, congregados para celebraren solemne misa de ánimas na que non falta a coñecida Dama do Peite da lenda. Mais, a todas luces, nunca mellor dito, isto seméllase máis a unha Hoste que á Compaña, e a Dama, unha moura loira que se peitea, se ve que confundiu a parroquia dos antergos coa das ánimas en pena, segundo esta versión mesturada.
Deixainos tamén referenciada a presenza dunha ánima soa ou Estántega nunha casa da que os seus moradores dicían que só paraba nas súas ruidosas e intermitentes manifestacións cando se rezaba un Noso Pai e un Avemaría. Porén, hai que dicir tamén que certos casos como este, de ruidos extraños en vivendas, téñense solucionado ao final, sen recorrer a rezos ou exconxuros e botando man mellor dalgún especialista en reparacións estruturais. Xa dixemos que por precaución, non se poden dar moitos datos sobre estes asuntos do Alén e menos da fantasmagórica Compaña que noutras partes de Galicia denominan A Cruz. Adoita esta, ser portada por un veciño descalzo, cun caldeiriño no brazo (hisopo) e un can cunha campaíña vai abrindo a procesión das ánimas que se aluman con ósos fosforescentes na man. Tamén soe sair dos camposantos os días con "R" ou das igrexas onde había enterramentos e percorrían os camiños e encrucilladas de cruceiro en cruceiro na procura de alguén que ía morrer e doutra vítima que portase a Cruz. En moitas aldeas intuíase se algún veciño estaba portando a Cruz da Compaña polo seu aspecto macilento, mirrado ou cadavérico e todos refugaban o seu contacto e se conseguía traspasarlle a Cruz a outro, non debía contarllo a ninguén, non tanto por represalias como por vergoña. Os que topándose coa Compaña conseguiron librar, fixérono botándose fóra dos lindes do camiño (vai polo carreiro de cruceiro en cruceiro), abrazándose a un cruceiro próximo (pois non se pode ter máis que unha cruz), rodearse cun circo na terra facendo o símbolo de Salomón e se fallan estes medios, botarse ao chan e "facer o morto". O perigo pasa despois de que quen leva a Cruz di: Folgo vivo e os da Compaña replican: Pasar e andar que aquí se pode deixar. Se respostan que non se pode deixar, xa sabemos o que pasa. Foi a partir do século XVI cando o culto as ánimas se popularizou en todo Galicia e desta época temos xa a primeira testemuña que deixou escrito que tiña visto moitas veces multitude de luces e de defuntos que andaban na noite dentro e arredor da igrexa.
Hai xa máis dun século que Pardo Bazán denominou a Galicia como o país das benditas ánimas e posteriormente foron moitos folcloristas, etnógrafos e antropólogos de sona quen recopilaron e analizaron o senlleiro sentir colectivo popular sobre estamateriaxafiniquitada pola tecnoloxía.
A Compaña nun relato do Século XIX
A Compaña nun relato do século XIX. O vento zoaba afouto traendo de vez en vez as agudas vibracións dunha campá dobrando a morto. Unha nube de grandeiros paxaros negros axitábase con terrorífico voo entorno dos alcipreses do patio, lanzando ás veces doentes e agudos grallidos, que resoaban nos ouvidos de Manuel coa mística entoación dun De profundis. No curral acababan de entrar sete pantasmas de roupaxes flotantes e brancas como o albo da neve, levando na man escintilantes cirios que unha pálida chama consumía. Manuel tremía como un azogado: a tétrica danza que ante os seus espantados ollos comezaron os aparecidos, encheuno de abraio, atordoando as facultades da súa alma e concentrando a sei va toda da súa vida na vista e no ouvido.Non cabía dúbida: ante os seus ollos presentábase a Compaña, esa sociedade de trasgos noiturnos, que case todos os campesiños e mariñeiros galegos creron ver algunha vez na súa vida, ao pasar un monte, abeirar un rio, saír da casa, atravesar un bosque ou saudar o cemiterio. E tal como nas longas noites de inverno escoitara Manuel describir a aparición da Compaña, do mesmo xeito apiñábanse e revolvían diante da súa vista os sinistros visitadores, cuxas luces lívidas e oscilantes o aterrorizaban. A Compaña formou un circo, en cuxo centro brillaba unha luz máis viva que as outras: aquela roda viraba como unha guirlanda de estrelas e ía estreitándose dun modo fantástico e misterioso ata suprimir case a distancia entre o centro e os lados. Unha bandada de coruxas, mouchos e morcegos revoaba xunto á xanela na que estaba Manuel. A luz da lúa ía amortecéndo: semellaba próxima a se extinguir. Os paxaros da noite amoreábanse diante da xanela con tal afouteza que só por intervalos lle permitían ao mozo albiscar a danza das pantasmas. De súpeto, unha coruxa pasou rozando coas ás o vidro da xanela e lanzou un prolongado gralleo que fixo retroceder de medo ao Manuel.
Abriuse a porta que daba ao cuarto do doente e debuxouse no lintel a figura da anciá. Manuel cravou nela unha ollada vaga, case incerta... case parva... -Prégalle a Deus polo teu pai! -exclamou a vella cun deixe solemne, sinalando co seu dedo ao alto. -Morreu? -preguntou desesperado o rapaz, precipitándose cara a xanela como desalentado e fóra del. No patio non había ren; paxaros e luces desapareceran: tan só ao lonxe podía ouvirse o tanxer dunha campá. Manuel percorreu deseguida o fondo da paisaxe e ao fin creu albiscar entre brétemas e escuridade, seis luces, cuxo brillo esmorecido ía esvaecéndose ao lonxe. -É verdade, é verdade! -repetía o mozo petando na testa; viñeron sete e só marchan seis! -Matárono ou puxéronlle luz negra! Ai, nai miña! Velemos polo meu pai. As portas do ceo pecháronse para el por unha eternidade! Daquela, falouse pola aldea de que a Compaña tiña vido a procurar a alma do defunto usureiro pero que o seu fillo e a viúva, a forza de esmolas e boas obras, fixeran desaparecer o odio que sobre aquela casa atraera a ambiciosa conduta do prestamista.
Demos e Seres Malignos
Demos e seres malignos. Non lle escapes á morte. Había en Darbo, no lugar de Santa Marta un labrego que tiña dous criados, un deles nado en Portugal. Naquel tempo facíase unha gran feira de gando en Moaña e un día, no que a choiva semellaba que tentaba desfacer o mercado, alá marchou o "portuguesiño" -que así era coñecido o devandito criadoco encargo de vender os dous bois que levaba. Cando xa levaba algún tempo agardando compradores, oíu unha voz que lle dicía con aires de vento: -Deixa os bois e vaite! Deixa os bois e vaite! O pobre portugués, morto de medo e sacando forzas de Deus sabe onde, berrou cara o vento: -E quen es ti para mandarme fóra de aquí? Un forte remuiño deixou caer uns sons a modo de voz rouca: -Son a morte. A morte! O criado non quixo escoitar máis e, tremendo coma unha vara verde, atou os bois a un carballo da feira e marchou correndo para a casa onde servía. Cando chegou, díxolle ao seu amo: -Eu non quero estar máis aquí nesta terra! A morte mandoumefóra da feira.
Entón o labrego preguntoulle polos bois e o criado díxolle: -Quedaron na feira atados a un carballo. O rapaz, desacougado, saiu de contado para a súa terra, mentres o dono, moi encabuxado, colleu camiño da feira, rosmando polo baixo: -Agora vou alá e vai saber a morte quen son eu. Cando chegou á feira, alí estaba a morte, perto dos bois. O home foi cara a ela e berroulle: -Oes ti, morte... Por que ameazaches ao meu criado?. Quen es ti para ameazalo!
E ela respostoulle: -Eu son a que esta noite tén unha cita con el no camiño de Viana do Castelo. O Demo do monte. Dise que hai moitos anos, nunha desas noites pechas e sen lua, algunhas xentes escoitaron unha música moi bonita e melodiosa. Abriron portas e ventás para escoitar a melodía e pensando que había algunha festa no monte fóronse cara alí. Cando xa estaban no medio do monte, decatáronse de que non había nada, que todo fora un engano dun demo que os atraera alí para matalos e facerse coa súa alma. O home a quen lle escapaban os bois. Contábase que a un veciño da Magdalena sempre se lle escapaban os bois as doce da noite. Un día decidíu quedarse na corte con eles á espreita de quen lles abría a porta. E así pasou un tempo sen novidades ata que unha noite, cara ás doce, cando entrou na corte, mirou un home alí sentado, ficando un tempiño a ollar para el ata que se decidiu a preguntarlle: -Con que es ti quen me soltas os bois. -Si, son eu. E lévote agardando dende hai tres anos pois quería falar contigo. Ás doce do mediodía agárdote na fonte dos Mariñeiros na Ribeira. O dono dos bois foi para a casa e contoulle o acontecido á súa muller quen lle aconsellou que falase co cura pois aquilo cheiraba a cousa do demo. Entón decidiu ir a xunto do cura pero por se acaso, faríao levando unha ristra de allos pendurada do pescozo. Contoulle ao cura o que lle acontecera e este díxolle que fose a encontrarse con el pero advertiulle: -Non te poñas nunca diante del e se te manda pasar diante, dille que pase el primeiro. F oise para a casa e contoulle á muller o que lle dixera o cura. Ao dia seguinte, cando chegou á fonte xa estaba alí o descoñecido personaxe. Este, entón, díxolle que cavase ao lado da fonte. O paisano escavou ata encontrar dúas xarras: unha chea de moedas de ouro e a outra tamén acugulada de moedas de prata. O aparecido díxolle: -Con esas moedas tés que terme unha vela sempre acesa na igrexa e o que che sobre é para ti.
Mais, unha vez que o paisano tivo o ouro, dicidíu gardar para si o tesouro e mercar só duas ou tres velas coas que cumprir a encomenda pois non era moi de crer en andrómenas. Pero, segundo o relato que nos legaron os veciños, consta que, ao que se apagou a última vela, o home morreu. A Dema do Hío. A chamada Dema do Hío alcanzaría a súa sona mítica despois de ser retirada a súa representación do retábulo de ánimas barroco de finais do século XVIII que estaba situado no lado esquerdo da igrexa parroquial tapando unha porta. Este retábulo representaba o misterio da Salvación das almas estando coroado por unha representación da Trinidade na que Deus aparece como unha figura de grandes barbas que suxeita coa súa man esquerda a bola do mundo. Á súa dereita figura unha representación de Xesucristo, tamén con barba, cunha cruz nas mans e no medio destas imaxes, a pomba que representa ao Espíritu Santo. A parte central do retábulo estaba ocupada cun Cristo que hoxe figura nun lateral do altar maior e máis abaixo o Purgatorio, peza que se adosaría ao retábulo da virxe do Carme e na que entre as ánimas figuraba a imaxe dun cura con birrete semellante ao que aparece no cruceiro de Cerviño pero hai quen sostén que este formaba parte da representación do Inferno. Nesta representación era onde destacaba unha muller espida con cornos e con dous grandes peitos dos que se amamantaban sete demiños, vixilantes dos condenados, que era popularmente coñecida como a Dema. Esta exuberancia mamaria que mostraba dise que foi a que provocou un culto á fertilidade que atraía a numerosos visitantes, incluso de Portugal.
Bruxas, Meigas e Bruxarías
As lendas da Casa da Mangallona. Co alcume de A Mangallona era coñecida unha señora de nome Leonor Fraga que era filla dun indiano chamado José que retomara de Cuba, instalándose os dous nestá casa de Coiro. Dise que daquela illa do Caribe trouxera a muller os ritos da santería que practicaba e que lle deron sona, ademais de levar unha vida licenciosa e de vicio, sendo alcumada por iso como "A Mangallona". Cóntase dela que tiña matado a unha filla ilexítima, intelectualmente moi curta, e mais a unha súa sobriña durante un ritual celebrado na súa casa en presenza doutras bruxas e doutros nigromantes chamados Macario, Marcial e Evaristo e asegúrase que cando morreu, saiu do seu corpo o demo que a tiña poseída en forma de serpe. Outros relatos tamén refiren que adoitaban executar os rituais na adega e que aquela súa filla asasinada foi sepultada na finca dá casa ao pé dun limoeiro que aínda estivo alí moitos anos. De certo que está casa infundiulle temor aos veciños durante moitos anos e estes tamén contaban que a Leonor, xa vella e marxinada, adoitaba reflectir a súa silueta enrugada e o seu encanecido cabelo tras das ventás, xa cubertas pola maleza que envolvía toda a vivenda. Despois de morrer esta muller, considerada como bruxa na contoma, algúns dos veciños que pasaban de noite perto dá casa, aseguraban ter visto luces acendidas no seu interior e que cando un indixente, chamado Gallego, se asentou nestá casa, tivo que abandonala ao pouco, pois aseguraba que das paredes da mesma se movían e delas saían voces. A Vella Escola da Mangallona. Contan que na parte mais alta de Coiro, no lgrexario, había unha antiga escola e por debaixo dela un túnel que ninguén coñecía, agás dous homes. Estes, un día, quixeron saber que había no túnel e a súa sorpresa foi cando escoitaron falar no piso de enriba a dúas bruxas con varias rapazas. Ao fuxiren fixeron ruído e as bruxas foron tras deles: A un convertérono en carneiro negro e todo o que tocaba volvíase escuro e o outro chegou a escapar pero perdeu os cinco sentidos. Ninguén soubo xamáis o que ocorría na vella escola. A casa das luces. Contábase que pola noite, a Leonor seica se erguía e paseaba polos arredores, voltando pola mañá á adega dá casa chea de moitas ratas que adoitaban acompañala. Dise que, desde aquela, está casa estivo sempre enmeigada e que polas noites se reflectía nas fiestras dá casa unha luz misteriosa. Para indagar neste feito, tíñan chegado a poñerse de acordo todos os veciños e unha noite, a unha hora determinada, apagaron toda a iluminación da parroquia, concluíndo que en realidade eran as luces do barrio da Madalena as que se reflectían naquel momento. Ainda así, a dúbida permanecería e aquilo seguiu a ser un misterio ata que Lemos, o último dono, vendeuna e logo reformouse á casa, rematando o asunto. A Casa das bruxas (variantes). Dise que nestá casa da Mangallona, tan sonada en toda parroquia, vivían dúas irmás solteiras, das que se comentaba que tiñan poderes ocultos. Un día, unha delas, que a tiñan por bruxa, matou a outra irmá, enterrándoa abaixo na adega dá casa. Porén, outra versión di que a enterrou debaixo dun laranxo e que quen coma, aínda hoxe, daquelas laranxas, será vítima dunha enfermidade... No Carballal segue esá casa que hai anos era unha escola e dise que moitos anos atrás pertencía a Leonor Mangallona. Un día un home, posiblemente familiar seu, foi á súá casa e tivo un desencontro con ela, matándoa cun coitelo moi longo. Enterrouna debaixo dun laranxeiro envolta nun saco e coméntase que desde entón, pola noite, mirase unha luceciña pasar dunha xanela a outra... A lenda sobre a casa da Mangallona comeza ao se estenderen os rumores de que morrera a filla e tamén que a nai e o pai a mataran. Con isto, a xente empezou a coller medo e a partir das nove da noite no verán e as sete no inverno, non pasaba ninguén polos camiños que pasaban perto da casa. perto dá casa. Falouse tamén de que quedara soamente unha filla e que os gardas que ousaron entrar ná casa atopáronse co corpo xa descomposto. Pasaron moitos anos e a xente non se atrevía a pasar polo arredor daquel edificio. Ata os anos cincuenta ninguén entrou naquelá casa e máis adiante formouse un comité que decidiu arranxar á casa e facer ali unha escola, pero non durou moito. Actualmente o seu dono é Lemos e o edificio está deshabitado e en minas. Dise que moitos historiadores e especialistas en espiritismo foron mirar o lugar polo que tiñan escoitado e dixeron que á casa está nun si tio moi bó para realizar espiritismos pois está situada nunha encrucillada de catro camiños e nunha baixada dun souto. A historia destá casa de Coiro foi transmitida pola tradición oral de xeración en xeración e dise que o primeiro morador coñecido foi o capitán Juan Fraga, que no século XVIII levantou a construción sobre un asentaménto anterior, posiblemente medieval. No século XIX, esta parroquia canguesa estaba dividida entre os marqueses de Santa Cruz, a quen lles pertencía o sur e a familia Fraga, dona do norte, que incluía os montes e as augas da Fraga ou de don Juan Fraga. A última habitante dá casa foi, a finais do XIX e principias do xx, Leonor Fraga, chamada A Mangallona. Seica era unha muller libertina, adiantada ao seu tempo, que lle gustaba gastar a súa fortuna en festas e en esmorgas. Era defensora do amor libre e o seu xeito de vida alarmaba a moitos segundo conta Camaño, quen data a súa morte ao redor do 1925. Nese ano esta rexistrado que o cura don Manuel Viveiro Garda, foi encomendado xunto ao consello do pobo (o crego, o mestre e o máis vello) a entrar ná casa da Mangallona, xa que fada tempo que non se sabia nada dela. Cando entraron, atopárona morta e segundo conta a lenda, unha serpe saíulle da gorxa para escapar pola borralleira. Ante isto, dise que o párroco Viveiro García berrou: O corpo corrupto descansa en paz porque o demo xa o abandonou. A designación dunha comisión popular para entrar na Mangallona debeuse ao grande temor que espertaba entre os veciños: Conta o artista e pintor Camilo Camaño, actual propietario e morador da Casa da Mangallona que na súa infancia aínda se lle tiña medo á casa pois dicían que estaba enmeigada e chamábanlle á casa das bruxas ou das luces. Di que a orixe desta lenda vén de que nos seus últimos anos de vida, Leonor rodeárase de xente escura, relacionada co mundo da maxia, chegándose a dicir que se realizaron sacrificios humanos, como o de Rosiña, unha sobriña con algo de atraso e tamén o da súa filla, María, froito dunha das esmorgas nocturnas que se vivían ná casa: Unha está enterrada baixo un limoeiro e nunha das lápidas hai unha cruz invertida, e a outra descansa nun lugar do souto. O edificio pasou décadas no máis profundo abandono ata que Camilo comezou a facerse con terreos próximos e terminou por mercar á casa.
A Campá de Coiro Alcanzou fama na literatura oral e escrita ao se afirmar que a través dela se covocaban as bruxas de Cangas en determinadas épocas do ano, maiormente nas noites de San Xoan e San Silvestre. O Padre Sarmiento foi quen nos deixou noticia da mesma na súa viaxe de 1745 ao subir ao campanario da igrexa, daquela separado do edificio, describíndoa como unha clocca ou choca con forma de bacín e pendurada directaménte do teito por un orificio que tiña no cirno. Ainda que lle dixeron que era do ano 900 el deduce que polos signos inscritos que presentaba debía de ser do século XIII. Recoñece que xa desde pequeno o "destetaron" coa vulgaridade das bruxas canguesas e pensa que se acaso os de Coiro baleiraron alí aqueles signos, sobre todo a pentalfa ou Selo de Salomón como amuleto ou conxuro contra as consabidas servas do Demo. Porén, Ferro Couselo sostén que os signos gravados nesta campá semellan ter máis relación cos donantes que a financiaron e a súa aportación reflectida nas veces que se repite cada figura. Sobre a pentalfa que usa como símbolo un dos donantes e que aparece na gliptografia dos canteiros e na mariñeira, cabe que servise como amuleto contra os nubeiros ou tempestarios que andaban no ceo argallando as treboadas. Resulta isto como máis verosímil pois un obxecto sacro como a campá sempre foi usado como protector e repelente e nunca como convocante de seres demoniacos, tendo tamén noticias orais, recollidas en Coiro, de que era moi utilizada para alonxar á Compaña do ámbito no que se escoitaba o seu tanxido. As bruxas do monte da Pena Din que pola noite de San Xoán, alá no Monte da Pena, mesmo debaixo da Pedra, saen as bruxas O zapateiro de Cangas arrenegaba do demo sen ter lle medo, e cando ouvía pronunciar o seu nome, faguía o sinal da cruz por costume e porque así llo aprenderan cando neno. Mais, alá para os seus adentros estoupaba de risa ao facer aquela ceremonia e que Deus non llo tomase en conta. Ás veces pasáballe polo pensamento a idea de entropezar co demo en calquera congostra, para arrenegalo mais cunha boa asentada de paus no medio e medio do cemizo co fungueiro que manexaba a concencia, polo menos en opinión dos mozos da alcaldía. Que co sinal da cruz, pois aínda que non aprendera na escola máis que á facer garabatos e a turrar das letras para que saisen as palabras, tina aprendido, ou metéraselle na cabeza que o demo á forza de ser arrenegado co sinal da cruz, fórase afacendo á vela sen renegar. Igualiño que se un labrego á comer boroa, leite e caldiño de unto, aínda que non llo leve o estómago, por non ter outros manxares de máis apetenza que levar á boca. As cornas do demo non lle podían tampouco poñer medo, porque llas vía na cara, e denantes que soñase en coller a subela, xa vira as das vacas e dos bois, e sabía por experencia que as comas da nosa terriña campan nas testas dos animaliños por adorno e non para afuracar bandullos. Ademais -segundo as crónicas el tamén botaba esta contaa lua tamén tén os seus cornos e cando polos ceos andan, non é milagre nin cousa de mal agoiro que os leve o demo na cabeza. No tocantes ao rabo, tíñao por pecata minuta; ' mellor que mellor, de se chegar a ver diante do demo, amañaría o collerllo, entre portas como se colle aos ratos na ratoeira, sempre que o rei dos infernos lle dese motivo para que o zapateiro lle xogase unha mala pasada. Con estes pensamentos andaba o zapateiro de Cangas devanando os miolos, cando a súa muller, que se asemellaba á unha sogra polo roñona que era cando rifaba, polo xeral á todas as horas, lle botaba na cara os defectos, que ' non pasaban nunca á maiores, pois non tiña outros que durmir a mona dende o lus ata o mércores, e rebaixar polo medio e medio as ganancias que tiña no trato. De festa en festa, cando unha rapaciña de ollos churrusqueiros e xeitosa de corpo lle facía encarga duns zapatos, o zapateiro de Cangas, non porque levase picardía no feito, senón para se desquitar das falcatruadas da muller, facíallos de balde e esmerábase no traballo de tal modo, que saían das súas mans acabadiños de ben feitos e dignos de levar o aguinaldo nunha exposición de obra prima. O xenio da súa muller, xa cansa de que o seu home non escarmentase con r berros e choromicadas, acodeu á razóns máis contundentes. Un día tiroulle cunha forma aos fuciños e con tal coraxe que lle guindou os dous dentes dianteiros. -Hoxe é dia santo na miñá casa! exclamou o zapateiro con voz de trebón. -Hoxe co tirapé vou a repinicar nas tuas costas como repinican as campás cando non paran os badallos! E dito e feito, o tirapé caíulle riba do lombo unha, duas, vinte, corenta, cen veces, e a pobre da muller levou unhas fregas de coiro contra coiro, que foran abondo pra lle barrer cantos puntos de costado poideran aflixila aínda que vivise máis anos que Matusalem. Para que o seu home non volvese a dar máis días santos polo estilo ná casa, colleu ela a dianteira das desculpas e díxolle que lle tirara a forma aos fuciños porque a tentara o demo. Non quixo saber mais o zapateiro de Cangas. Xa como bo cristián lle tiña xenreira e colleulla de renegón cando soubo que o príncipe dos infernos, cmno se fose calquera mal veciño que dispuxera de vagar, se metía nas cousas da súa casa, baixándose á cativez de lle dar aqueles consellos á súa parenta. E como en Cangas había naqueles tempos bruxas -polo menos así O dixo D. Antonio Neira de Mosquerao zapateiro entrou en tratos con elas para se vengar do demo. E así pasou a impoñerse ben nas aduanerías e falcatruadas do gremio, a se exercitar no manexo das unturas para subir pola gramalleira, a saber montar de acanchapema no pau dunha vasoira e a acender como quen acende un misto, os ósos dos difuntos restregándoos contra as paredes. Logo de pasar a emprestar servizos na Santa Compaña polas aldeas, cáseque bruxo feito e dereito, capaz de servir en casos de apurada de estadeiña, ou de calquera desas zaramalladas da bruxería, o zapateiro de Cangas mesturado entre as bruxas e sen esquecerse de levar a subela por un se acaso, voou pola carrilleira dos infernos sentindo sede e fame de vinganza. Cando chegou ao cabo da viaxe, ventando ao demo, dixo pola calada: Vas mas a pagar todas xuntas! E sucedeu o que todos os galegos sabedes: que o demo estaba recibindo Córte, que todas as bruxas lle bicaban o traseiro e que cando lle chegou o tumo ao zapateiro de Cangas, lonxe de lle dar o bico de ceremonia, enterroulle a subela ata o redaño. E que o demo non deu un brinco porque tén o pelexo muy duro e tomou a picadura por unha cóxega, contentándose con preguntar: -Quén bicou? -O zapateiro de Cangas -responderon os condenados. -Pois que non volva á bicar porque lle pican as barbas -engadiu o demo. Acadaquén o que é de seu. Despois da guerra de Cuba, na que caera ferido, mais tarde desaparecido e dado por morto durante catro anos, voltou o bisavó de Amador á súa casa da Goivada coa enfermidade do paludismo. Naqueles tempos aínda non había tratamento para esta doenza e o recurso máis a man era levalo á meiga. Unha destas, veciña de Coiro e experta en ungilentos, pócemas e outros remedios, recomendoulle que fose ao cemiterio ás doce da noite, que procurase un óso humano para rallalo e que logo botase as raspaduras en agua fervida, facendo un bebedizo que debía tomar. Contan que despois de dez ou doce días, como o doente oíse petar de seguido na porta da súa casa, volveu onda a meiga quen lle aconsellou que lle pagase unhas misas pola alma de aquel a quen pertencía o óso. Despois disto, non volveron a petar máis á porta e nunca se soubo quen era o finado. A Muller que lle saltaba a sartén. Había en Darbo unha muller a quen non lle quería ben unha veciña porque nos seus tempos novos, esta roubáralle o mozo que a cortexaba. Por culpa disto, foron moitas máis as calamidades que pasou esta muller pois a veciña como vinganza pola faena que lle fixera, botoulle o meigallo. A muller foi sufrindo e aguantando con moita paciencia todas as cousas inalas que lle acontecían ata que se colmou a súa paciencia cando cada vez que collía a sartén na man para fritir algo, esta daba saltos na cociña e ciscaba sobre ela o aceite ardendo coma se fose un volcán. Ante esta situación xa perigosa, que coidaba producida polo meigallo, decidiu ir onda o cura para que llo quitase de enriba pero ningún dos rezos e ofrendas propostas conseguiron porlle remedio ao problema. O único que se sabe é que, ao final, esta muller e máis o seu home tiveron que deixar a casa e incluso instalarse noutra parroquia. Esta paraxe tiña hai anos unha apariencia totalmente distinta á que tén hoxe en día e daquela, cando os homes non tiñan aínda un tan grande poder destrutivo por non haber máquinas que permitisen devastar un monte en poucos días e metelo no eido, a vexetación era tan mesta que apenas deixaba pasar a luz do sol e por iso cando aínda se estaba entre o lusco e o fusco, xa semellaba noite pecha. A xente tiña medo de pasar por alí porque a escuridade sempre provoca temor. Pero, ademais, contan que había un ser misterioso do que ninguén podía explicar a súa natureza. Uns dicían que era humano, outros que era unha alma do purgatorio e outros crían que se trataba dun trasno. No que todos estaban de acordo, era en que se comportaba coma se dunha imaxe se tratase: A cuestión era que, cando alguén subía polo monte, sempre aparecía a mesma imaxe. Deixaba que se aproximase o camiñante e cando chegaba á súa altura... Cortáballe a cabeza! De igual xeito, contan tamén que no mesmo monte había outra imaxe que, como a anterior, agardaba a que o camiñante se achegara. Se o vía despistado, sacaba un peite do bolso e peiteaba ao descoidado. Logo deixaba que seguise camiño pero sen perdelo de vista e un pouco máis adiante facía o mesmo que a anterior imaxe: Cortáballe a cabeza!. Segundo falan algúns entendidos no tema, estes feitos só acontecían cando ían esas noites claras de verán con lua chea. O Mal de ollo. Aconteceu unha vez en Cangas que unha muller rifou cunha veciña por cuestión dunhas maquías que lle adebedaba e unha noite na que estaba asomada á ventá na compaña do seu home, sentiu como un estremecemento. Ao fitar para o camiño e aínda que estaba escuro, puido enxergar que era a veciña quen os estaba a ollar fixamente. Desde ese intre en que cruzaron as olladas, o seu home comezou a sentirse moi enfermo e ao pouco faleceu. Moi asustada polo acontecido e como ademais estaba embarazada, foi pregarlle á veciña que retirase do seu corpo a súa ollada dañina. A veciña non só se negou a isto senón que ademais díxolle que o seu fillo ía nacer entangarañado. Trátase este aollamento dun maleficio voluntario que non só actúa sobre as persoas senón que repercute tamén sobre o neno, aínda no ventre da súa nai, cun efecto de tarangaño ou enganido máis propios do Mal de Aire. Ainda nos anos cincuenta do século pasado, cóntase que entre os devotos da Virxe de Darbo que ían de xeonllos desde a Laxe á igrexa en petición de favores e curacións, tamén había quen procuraba entre as romeiras que acudían, a concorrencia das dúas "Marías" necesarias para tirar o meigallo. O meigallo da Laxe. Debaixo da Laxe da Pena que lle da o nome ao monte, contan os máis vellos que había un burato moi longo. Ainda que hoxe está pechado, todos aseguraban que era dunha mina e que esta chegaba ata a serra de Coiro, percorrendo dous quilómetros baixo terra. Deste lugar cóntase que nos días de Noiteboa había un misterio dunhas luces que saían de alí e que calquera que se achegase era absorbido para dentro. Tamén se conta sobre a contorna deste lugar que un día unha muller foi ao lago Espiñeiro (presa de rego), situado na ladeira sur do monte da Pena, para regar unha veiga e contoulles aos veciños que alí había un meigallo pois mirou como se lle aparecía unha man que a chamaba para que fora alí. Segundo a memoria dos máis vellos, cóntase que para desfacer este encanto, tiveron que acudir na noite de San Xoán, tres curas e dar sete voltas á laxe do monte, pero na terceira volta espantáronse e fuxiron correndo, sen saberse aínda hoxe o que miraron.As Amoras
Lendas Haxiográficas (Relixión e Santos)
A igrexa de Darbo. O relato completo sobre a erección da igrexa de Darbo comeza nunha época en que este lugar non contaba aínda con edificio e os fregueses tiñan que acudir aos oficios na igrexa da Magdalena situada detrás da Serra Poñente, bastante lonxe do núcleo que se estaba a consolidar corno de máis poboación. Cóntase que daquela, era un bispo o que viña a celebrar a misa e oficiar os sacramentos. A tal fin, precisaba convocar aos veciños que residían en maioría deste lado da serra e para iso subía a un lugar da mesma desde onde os avisaba a toque de corno. Este lugar aínda se coñece hoxe corno o Monte do Bispo. En vista desta incómoda situación, foi cando se decidiu a construción dunha nova igrexa no lugar do Seixo. Porén, hai quen di que a edificación da nova igrexa foi porque este bispo, din que Xelmírez, mandou abandonar e derrubar a igrexa da Magdalena. Outras crónicas populares, porén, refíren as dificultades que os canteiros tiveron que pasar para erguer a igrexa nun lugar escollido, segundo uns no lugar do Piñeiro e segundo outros na Cruz de Castro. Estes lugares, que dominaban a valgada e a paisaxe, semellaban a todas luces, seren os máis idóneos para levantar este tipo de edificación. Porén, tanto nun si tio corno no outro, toda a obra que se facía polo dia, derrubábase misteriosamente pola noite sen que nada se puidese avanzar na súa construción pois as pedras unha vez asentadas rolaban de noite, ladeira abaixo e había que volver a subilas. Observando o fenómeno, os traballadores descubriron que eran unhas pombas as que milagrosamente desfacían a obra. Finalmente, deduciron que unha delas, moi branca, á cuxo voo maxestoso non permaneceron alleos, foi a que lles indicou o lugar onde se debería facer a igrexa. O espazo, onda unha oliveira, logo moi famosa, na que pousaba a pomba e agochado na valgada non semellaba ser o máis idoneo, mais cando comezaron alí a obra, perto dun souto, dunha carballeira, dunha fonte e do río, ningunha pedra máis foi botada ao chan, podéndose así rematar a obra da que foi a nova igrexa de Darbo. O Santo Andrés do Hío. Contan certos relatos que ao Santo... Andrés do Hío quixérono levar para Aldán, xa que dada a súa condición de pescador con Xesucristo que o escollera para apóstolo, parecíalles máis propio para a, igrexa por ser Aldán un pobo máis mariñeiro. E así, un día, dispuxéronse a levalo para a súa parroquia colocado nunhas andias portadas por catro homes. Todo foi moi ben mentres cruzaban por terras do Hío pero ao chegaren ao río Orxás, que era fronteira entre ambas as duas parroquias, o santo non lles quixo pasar. Dise que cando os que o levaban querian andar para adiante, o Santo facíaselles tan pesado que non podían con él. En troques, se intentaban retroceder cara o Hío, non notaban ningún peso, corno se a imaxe estivese suspendida no ar. Deste xeito, decatáronse das preferencias do santo e tiveron que dar volta para o Hío, onde el queria estar e desde aquela, este santo segue sendo o patrón da parroquia. O Santo Andrés do Hío, foi de moi antergo, un santo moi milagreiro. Aínda hoxe, hai xente que lembra corno acu ían moitos devotos de fóra para cumpriren as súas promesas, deixando moitos exvotos de figuras de cera, pendurados xunto do Santo no día da súa festa a finais de novembro. Neste día, cóntase tamén que en tempos lonxanos, durante a procesión do santo ían xentes metidas en caixas de defuntos e que outros, tamén en cumprimento de promesas ou demanda de favores, andaban de xeonllos dando voltas arredor da igrexa. Díxose que todos estes rituais remataron cando os prohibiu un cura da parroquia.